Autocomplacencia

Pois non sei que é mellor, si autocomplacerse para fuxir da realidade paupérrima que temos, ou si vivir mirando para outro lado ignorando que somos unha terra que morre devorada pola endogamia das súas propias estructuras de poder.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/07/2012

Comparte esta noticia
O certo é que ao igual que se tardou en recoñecer catro ou cinco anos  a crise económica actual, un importante sector da provincia tarda demasiado en decatarse de que Ourense dende hai  moito máis de 20 anos  fenece lentamente. E este clamoroso silencio de moitos,  o conformismo da gran maioría e o alarde prepotente dos case 4000 agradecidos, xentes que soio se miran así mesmo, sen importarlle o derredor no que viven, axudan, e moito, a que esto sexa unha realidade incuestionable.
 
Claro que a complicidade,  amparada nun “galleguismo” de gaita, xantar e loas ao patrón de turno, resultou de gran axuda  para acadar a  triste realidade social que temos. Din moitos pola baixa que, “na terra dos lobos hai que ouvear coma eles,” e aínda que para algún esto resulta moi bo, o certo é que somos un territorio que vive na absoluta autocomplacencia ate a súa morte definitiva. 
 
Nada que reprochar a ninguén, pois case todos somos culpables, pero o estado provincial, a situación do rural, a decadencia absoluta dun territorio que ten máis clases pasivas que persoas activas, o envellecemento da poboación e o estilo de gobernar son claves para entender que non temos futuro polo menos  a medio prazo.
 
Agora que, os nosos fillos, emigran buscando oportunidades no resto do mundo; agora que todas a promesas de grandes invesións en Ourense  foron fror dunha campaña electoral, a triste realidade dinos que imos polo camino errado. Pero, uns calando, e outros autocompracéndose e ensalzando a política populista de quen exerceu o poder, como diría a cantiga My WaY que popularizou Sinatra, a súa maneira, miran para outro lado deixando entrever o que di o refrán “ Na terra dos lobos…”
 
Agora que están próximas as eleccións autonómicas, cabería reflexionar e preguntar: Para  qué valeron máis de vinte  anos de goberno  na institución provincial? ¿ Mellorou en algo a provincia nese periodo de tempo? E Ourense ¿Gañou posicións fronte as outras provincias galegas, e eso viuse reflexado nos presupostos e inversións? E, ise “galleguismo” de gaita e empanada serviu para algo que non fora enterrar a  Coalición Galega por uns postiños en Santiago?
 
A autocomplacencia agradecida é unha enfermidade difícil de curar. O agradecemento permanente lémbrame á adhesión inquebrantable doutros tempos
felizmente superados. Lévame a non culpar a ninguén,  pero tamén incítame a pensar nos valores da política, no que debe ser o seu  obxectivo principal: traballar polo conxunto da sociedade, non soio para a parte. Sendo moi comprensibles, ate se pode entender o agradecer particular, pero non en nome da provincia, pois a provincia non é patrimonio soio dos agraciados polo cacique. A provincia é algo máis, aínda que habería que reflexionar sobre si é útil a división  provincial, e si serven para algo as deputacións.
 
En fin, remato: os políticos son o reflexo dunha sociedade, e unha parte da nosa sociedade  sigue sendo proclive a autocompalcencia.  E si non lembrade aquela cantinela electoral “ Si no eres de PP, jodeté… “  Isto é o que hai. Que lle imos facer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com