A primeira colección de poesía en galego da posguerra cumpre 70 anos

A obra inclúe autores como Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o vindeiro venres, 22 de novembro, os 70 anos da aparición da colección de poesía Benito Soto, a primeira en galego tras a Guerra Civil, no Museo de Pontevedra.

A obra, que recibe o nome do pirata da Moureira, foi editada por Sabino Torres, xunto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira, e inclúe obras deste tres autores, ademais dalgunhas doutros poetas galegos como Luís Pimentel ou Álvaro Cunqueiro. Participou tamén na colección Celso Emilio Ferreiro, traducindo aos galego versos de escritores alemáns.

No acto, escritores e familiares dos autores, como Luís Ferreiro ou Eva Mejuto, recitarán os versos publicados e haberá unha interpretación musical por parte de Ánxeles Ruibal.

Para o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, "a colección inaugura un tempo novo no panorama da edición e da poesía galega despois da guerra civil". Para el, a obra introducía "un factor de transgresión e rebeldía que non pasou desapercibido ás autoridades". Considera que os poemas son "do mellor da nosa poesía contemporánea".

O acto será conducido pola académica Fina Casalderrey. Nel participarán tamén os membros da RAG Xosé Luís Franco Grande e Marilar Aleixandre e a presidenta da Deputación de Pontevedra. A celebración será pechada por Freixanes.

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro | Fonte: Fundación Celso Emilio Ferreiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta