Animalistas reclaman que se regule o acceso con animais no transporte público galego

Desde Libera instan á modificación da Lei para "equiparar Galicia con outras cidades europeas como Berlín ou Londres".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera, propón modificar a actual Lei de Benestar Animal, que "só" regula o acceso con animais a establecementos de restauración, para que tamén permita o seu acceso ao transporte público.

A iniciativa xorde tras unha enquisa realizada o pasado mes de outubro pola asociación, na que un 76% dos 1.200 galegos enquisados está a favor de que se permita o acceso con animais ao transporte público.

Desde Libera sinalan que "ningunha cidade galega o permite ata o momento" e que dita modificación "equipararía Galicia con outras cidades europeas como Berlín ou Londres que xa contan cunha regulación neste sentido".

A asociación resalta que a presenza de animais entre galegos e galegas é "evidente" con "máis de 600.000 cans identificados con microchip" e instan os organismos públicos a "responder a esta realidade social". Ademais, engaden que o acceso con animais ao transporte público pode ser, tamén, motivo de "cohesión veciñal".

Acceso de cans ao transporte público
Acceso de cans ao transporte público | Fonte: Hospital Veterinario Constitución

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ma ma tha

O que había que regular aquí é a entrada dalgúns bípedes, incluídos bastantes animalistas.