Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

18 Altermundistas sionistas

É certo que rexeitaron o antisionismo? Recoiro cos altermundistas!!!!!!!! Poderán confluir sen problemas cos que arremeten contra o BNG por antisistema ABOFÉ QUE SI

17 Xandokas

Viva a Santa Irmandade!!! Viva a Santa Inquisición!!!

16 enterado

ANOVA como marca xà existe, è unha marcaa de motoserras e desbrozadoras que comercializa unha empresa coruñesa. Coido que no nome equivocanse moito. coido que non è un nome apropiado. por certo as motoserras e desbrozadoras son made in china e de baixa calidade.

1 Seixo

Casualidade. Hoxe eu utilicei o fío de desbrozadora e pareceume bó. En serio, eh

2 aaaaaaaaaag

Que máis dará o nome se o mudan cada dous meses. Neso tamén se parecen a CaixaVigo, ou como demo se chame agora. Por certo, a xulgar pola foto, parece unha asemblea do fogar dos pensionistas.

15 Johny

Porque non hai NINGUNHA bandeira galega presidindo o acto? son cidadáns do mundo quizais, no sito de galegos

1 antiburras

Non poñen a bandeira nacional para non molestar ao marchosos ecoespañolistas que si a ven, póñense farrucos e mesmo lles pode dar por asubiala.

14 BNG2

Enésimo capítulo da tradición cavernária dos "pesos pesados" do nacionalismo galego: outro fracaso anunciado porque é outra tomadura de pelo á militáncia de base. Moita horizontalidade, moita representación individual, pero ao final manda quen manda. O que fai falla é que sen Marianos, sen Beiras, sen Ferríns, sen Táboas... e uns cantos máis, decidamos tamén nos o noso futuro. Outro reparto do pastel, e todo por poder. Mágoa.