Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

13 Johny

FIASCO ABSOLUTO EN SIN PALIATIVOS. DE 2.100 INSCRITOS QUE VAIAN APENAS 500 É UN FRACASO. AUTOCRÍTICA, ALGO ESTADES A FACER MAL.

1 Estaba cantado

Nunca houbo 2000 inscritos foi un chamamento desesperado a ver se alguen mais se animaba. Xa sabían do fracaso no Sanedrín e por iso quixeron amañalo todo para polo menos quedar eles co pastel.

2 Trasterrad@

Johny, levas dando polo q todo o furcio día... descansa un pouco, anda! E bota de hemeroteca a ver cantos membros había en Riazor o día da posta en marcha BNG. Cantos había, 315.000 persoas?

3 Non esaxeres Jony

Non esaxeren Johny non eran 500. O que conta son as votacións e houbo 350. TRESCENTAS CINCUENTA PERSOAS.

4 Johny

Trasterrad@ vaia comparación do carallo fas! xa che gustaría que o cónclave de hoxe fora o de Riazor do 82. Por certo, Palleiro, Mario López Rico, Beiras e seguramente algún máis xa estaban alí no 82, xa vai sendo hora de facer o relevo, non?

12 Tránsfugas éticos

DE COÑA! APROBAN RENUNCIAR AS ACTAS !!!!!!!!!!!!! Os mesmos que escaparon con elas do BNG!! Será Martiño Noriega o encargado de presidir a comisión de Ética????? Juasjuas http://asembleanpc.tumblr.com/post/...

1 Johny

Martiño presidirá esa comisión, porque el é RADICALMENTE ÉTICO que te cagas!

11 Irmandiño

E digo eu se toda esta xente que aparece para dar cifras é que estaban na Asemblea Constituínte para contalas????

1 Alá vos

Fostes vos os que dixestes que tiñades 2000 persoas e son menos que os do EI. Seguide sen reflexionar nin facer autocritica.

2 Johny

A ver... pero se o documento final o votaron 366 persoas http://asembleanpc.tumblr.com/post/...

10 Xurxo

Moi boa nova para o pais. A vida intelixente volta a politica galega. Moita xente nova voltara a apostar polo pais. Como patriota galego,eu debolle moito ao profesor Beiras.

9 Euuu

Eu estou perdido. Nesta asamblea non se iba a constituír un partido único ca unión de Compromiso por Galicia, EI e FPG? O que eu vexo é que se constitúen como partido o EI con FPG, a que andan os de Compromiso por Galicia. Non foron invitados? Eu non entendo nada pero se se siguen dividindo non entran no parlamento

1 Si oo

Flipa quem pense que a FPG vai permitir o veto da dupla militancia

2 mirandés

pois si, esta vostede moi perdido.