Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

3 Alberto Granja K.G.

Deséxovos moita sorte nesta andaina que iniciades.. tamén aos que quedan no B.N.G., e tamén aos de CxG.. a F.P.G. a todos/as! que o vento mareiro vos leve a bó porto e poesías varias, pero machiños... non se me da sacado da cabeza que, vendo como somos, se de verdade queremos salvar o noso pais, o mellor que nos pode pasar é que veñan os finlandeses e nos invadan.. porque nós so valemos para xuntarnos por un churrasco.. Debería estar moito ilusionado, pero non.. nin eu, nin os que compartimos cervezas no bar....... o dito machiños e machiñas, con moito cariño de ex-militante, moita sorte.

2 Predictor

Haberá xerais antes que autonómicas. Non valen nen para conspirar xD

1 Spidercan

Xa estaba todo cocinhado dende arriba dende sempre. Paréceme ben. Pero non queirades facer crer á opinión pública que fomos os outros os que nos fomos porque somos incorrexibles, ou porque non somos flexibles. Cando sabesdes ben que é todo o contrario. Nacedes feridos de morte si só tedes ao voso carón a xente "pija" de esquerdas e centro esquerda. Eso representa o pasado, a posguerra sociolóxica, a cadena SER, UGT, EL PAís. Para o novo paradigma sociolóxico que se está a dar na sociedade galega esto é pasado. Tan pasado coma vos.

1 Spidercan

hai unha cousa que quero que entendades dunha vez por todas. O portavoz de CAUSA GALIZA, na que non estou, por certo, é camareiro. Outro máis é taxista. Vos sodes profes enchufados de universidade? Ese é o novo paradigma do cambio de mentalidade que vós non dades entendido, porque educáronvos á maioría no clasismo, de esquerdas, pero clasismo.

2 Neria

Si, e a ministra de sanidade Pajín era Socióloga. Por favor, queremos que manexen a cousa pública un camareiro e un taxista, ou xente formada nunha deteminada especialidade? Un camareiro, sen ánimo de desprestixiar, non pode pretender lexislar en materia educativa, por exemplo. E un taxista, á súa vez, non o pode facer en temas sanitarios.

3 x-pert men

Lamento muito, mas como pode lexislar um mestre de primaria ou um cirurxam ? por xeraçom espontanea duvido que tenham conhecimento de administrativo ou constitucional . Pero bom , quando a gente tem um EGO pode ser quem de fazer qualquer cousa , ainda que seja analfabeto

4 Neria

Precisamente pra os temas administrativos ou do ámbito legal precísanse economistas e avogados. Non pretendo ser "snob" mais penso que levar as rendas dun país é algo máis que lanzar soflamas independentistas. Poden os de Causa Galiza ofecerme algún tipo de estudo da viabilidade de Galicia sen os cartos que veñen de Madrid e de Europa? Eu quero ese tipo de argumentos. O resto non é máis ca populismo barato, comezando polo reintegracionismo, que nin os propios portugueses apoian.

5 Merria

Podes Neria defender a Galiza tralo autoodio amosado junto com o grande desconhecimento da historia de Galiza que alaricas ?? Fala com o teu lider ou com Nogueira , ja veras que te dim da lusofonía??? Semelhas nom ter muita confianza nem no pais nem na lingua Por certo , a serio pensas em que ides levar as rendas do pais ???? Com gente que lhe pega a droga dura seguro que nom se vai moi lonxe XXXD

6 federico

Neria, ningún independentista pode encargar un estudo semellante por medo do resultado. O independentismo vive de fantasías: desexa unha cousa e a partir daí elabora delirios. No reintegracionismo parte da base do fetén que sería termos unha lingua internacional e delira e delira sen entender que galego e portugués arredáronse no século XV. Todo razonamento contrario ás súas fantasías será descalificado por españoleiro. Toda referencia ao sentir dos galegos de hoxe despreciado por seren estes galegos alienados e o seu pensamento despreciable. Así non se pode facer unha forza política con futuro, sempre a contracorrente do que desexa a maioría. Así cairon na marxinalidade.

7 fedex

Nom faz falha que te acuse de espanholismo se a o estás a reconhecer , colonizado !!! arreda-te !!!

8 Neria

Merria, que fácil é bota-la lingua a pacer sen teres idea! Autoodio? Fala co teu líder? Pero que dis ho? Vós vivides fóra da esfera da realidade galega, sodes nazis que non aceptades o país tal e como é na actualidade; e por moito que non vos guste o reintegracionismo só o apoiades catro gatos; a xente que amamos o noso idioma amamos unha lingua real, viva e usada polos nosos antergos. Ven a Cee e pregúntalle á miña avoa se ela quer falar portugués! De drogas duras ou brandas non che sei nadiña, só son adicta ó café, é a única droga que me meto. De verdade, sodes a xente coma ti ou como Fedex, as que me quitáde-las ganas de seguir sendo nacionalista e de esquerdas! Argumentos vacíos dignos de universitarios que non sabedes o que é a vida!!

9 Pata pum

Sae algum dia de Cee que Galiza é muito máis grande !!! Ti que caralho saberás , prepotente , que so vivides da titulite. Ti maila tua elite ides petar , e ja se vos ve preocupadxs. Negadia , baixa a terra e vai convencer aos currelas com isso que sodes a oxtia !!! SOBRADA !!! Argumenta como te fixerom anteriormente, que sodes como os media, metedes radical, ultras e ao caralho, quando sodes os que menos argumentos dades e mais elitistas que Goebbles !!

10 Neria

Pero imos ver... se ti estás enfermo/a, quen queres que che cure? un médico ou un taxista? pois a política é o mesmo; fan falta profesionais nos distintos ámbitos para xestionar as diversas áreas. Logo cada un de nós pode aportar ideas e axudar, por suposto. Senón seguimos encamiñados ao alcalde-construtor que non sabe nin ler, pero arrasa con maioría absoluta. E iso o que queres? Pois eu non. ¿Que argumentos me deron os demais? Pedín estudo de viabilidade de Galicia independente e non se me dou. Pídoche estudos de apoio do reintegracionismo e a ver se es que de me proveer con un. Pero se queres póñoche eu unha anécdota. Cando vou a Oporto, e falo galego, a xente cámbiame ó castelán. interesante non?

11 Concrete !!!

e ? Que pretendes ? ... que sustiúa a túa inconcreçom com os meus argumentos propios , pois assim mal ficas !!! 1- Queres que te dea um estudo num comentario ?? Ti FLIPAS !! neste foro podiamos superar isso , como a doma e castraçom perpretada por Espanha e a UE. 2-Queres um estudo sob reintegracionismo ?? Escuita ao teu lider !!! E quando vem um portugues eiqui eu lhes falo em Galego , OK!?!?

12 Un galeguista

Agora que temos o panorama galego clarificado deberiamonos poñer a traballar en serio como presentar unha nova opción diante do electorado, cunha coalición seria e crible. Cando se dí que os galegos cambian para o castelán cando lle flamos en galego ten a súa explicación. Agora non compre ese capítulo da historia; agora toca gañar a xunta e logo empezar a soster o edificio NACIONAL GALEGO: GALIZA.

13 Un galeguista

Os portugueses non aceptan que o galego sexa unha língua coma o portugués.Para eles a única reintegración seria sustituir galego por portugués; ou sexa, o lusismo puro e duro. Por iso, para non darlle bazas ao galego salta ao castelán cando lle falas no noso idioma. Téñoo comprobado e discutido con moitos galegos/as cos que teño unha profunda e sincera realación de amizade.

14 Clarificadores

Ja ficou claro o nazi-onanismo quem o pratica, aqueles que o empregam para se enfrontar com um povo irmao.