Sectores católicos consideran unha "profanación" a VII Galicia Fashion Week

O director de Infocatólica.com cualifica de "infamia" o desfile de modelos diante da Porta Santa da catedral compostelana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/07/2012 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

"Supongo que a los que no tienen respeto por las cosas sagradas la noticia les dará igual, pero a mí me parece una provocación, un escarnio y una profanación que un grupo de modelos desfile de la guisa en que aparecen (en bikinis) ante la mismísima Puerta Santa de la Catedral de Santiago de Compostela. Es más, considero que la provocación está hecha a propósito, con alevosía y con rechochineo hacia la Iglesia y hacia Dios mismo. ¿O acaso no hay en todo Santiago de Compostela un lugar más apropiado para un evento de esa naturaleza? ¿qué es lo que se busca con un desfile de mujeres en bikini ante un símbolo religioso tan querido por los fieles?".

Desfile diante da Porta Santa
Desfile diante da Porta Santa | Fonte: modaymarca.com

Con estas palabras define Luis Fernando Pérez Bustamante, director do dixital católico Infocatólica.com, os desfiles que estes días están tendo lugar en prazas públicas da capital galega e no que participan as principais firmas galegas. Así, na VII Galicia Fasion Week están firmas como Katuxa Platero, Cabuxa, Perdona Bonita, Livod e deseñadores galegos de proxección coma Cristóbal Vidal e José Matteos, xunton con outras marcas de xoiería, complementos, baño, "prêt-a-porter" e noivas.

Críticas ao alcalde

Pero as queixas de Bustamante non son as únicas. Tamén desde o Opus Dei e outros sectores da xerarquía católica amosaron o seu rexeitamento a esta iniciativa, sobre todo, por celebrarse "nun lugar santo". Por iso, xa lle reclamaron ao arcebispo de Santiago que tome cartas no asunto para evitar que se repita. Tamén ata o alcalde de Compostela chegaron as críticas por autorizar estes desfiles en prazas tan simbólicas para a xerarquía católica como a Praza da Quintana.

"Se me dirá que la calle es de todos. Pero también es de todos la acera de enfrente de la casa del señor alcalde de Santiago de Compostela, y seguro que no se llevan allí la Galicia Fashion Week. Ni tampoco creo que tuvieran el valor de poner eso a las puertas da alguna mezquita -si es que las hay- en Santiago. Agredir la sensibilidad religiosa de los católicos sale gratis en este país. Algunos empezamos a estar muy hartos de tanta infamia", denuncia Pérez Bustamante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 Brown

Como se a praza da Quintana lle pertencese á mafia curil e non un espazo público! Home, eu supoño que un católico de pro estaría máis excitado ao ver a Pilarita Farjas ou á CosPPeideira de loito e coa mantilla, pero bueno, que se lle vai facer!

10 Manolo2

Tampoco hay que pasarse. Peor es tener en la Quintana todos los veranos a unos cuantos zumbados con estrellas rojas y toda la parafernalia comunistoide, así como fealdad a raudales.

9 galegoexiliado

Vaia por diante que non creo que haxa espazos públicos sagrados e que me trae sen coidado si van en bikini ou espidas, pero coido que o moi católico goberno franquista podería inventarse mellores cousas pa atraer ó turismo. Tamén estas organizacions poderían criticar que por detraer milleiros de millons a favor da igrexa hoxe haxa moita xente con problemas pa chegar a fin de mes. Pero coido que de eso non lles interesa falar.

8 e1u

para profanación os millóns de euros limpos que Igrexa saca por non pagar o IBI (ademais das carretillas de diñeiro negro que se saca da catedral)

7 Rouco Varola

Non sei de que os queixades? Si San Francisco Franco e a Santa Madre Iglesia non houberan salvado España estariamos escravizados polas hordas "rojas". Non teriamos traballo, nin vivenda, a comer a beneficencia que non habería porque Cáritads é da Santa Madre Iglesía, a sanidade feita uns zorros e da educación millor nin falar. O problema é como din en Interlobotomia que Rajoy non sabe transmitir a xente a necesidade das reformas, esas mesmas reformas que o pobo reclama.