Apostando por Galicia

Hai case dez anos que o GC está na rede e case tres como medio de información. Logo de multitude de problemas, de incomprensións e de desesperanzas con administracións, partidos políticos e determinados personaxes, o GC segue máis vivo que nunca. Ou, polo menos, intenta seguir resistindo, algo que, nos tempos que corren, xa é moito.

Por Xurxo Salgado | | 24/07/2012

Comparte esta noticia

E o fai como sempre o fixo, coa axuda e a entrega dun grupo de xente ilusionada por resistir o mal tempo que lle tocou vivir ao galego, apostando por Galicia, apostando pola súa lingua e pola súa xente. Sen axuda de correntes partidistas ou políticas, nin o diñeiro ou o soporte de certos lobbies. 

O GC, mantivose e mantense gracias ao apoio dos seus lectores. Eses que, desinteresadamente axudan cada día a que continúe a ser o medio en galego na rede máis lido do país e a que sexa, xa, un referente informativo indubidable neste país. A eles, a eses lectores anónimos, a eses gcpluseiros que puxeron do seu peto diñeiro para soportar esta longa e dura travesía, vai un sentido agradecemento.
 
E como recoñecemento a eles e aos miles e miles de lectores que día a día están con nós, inauguramos unha nova fiestra informativa; o GC Tendencias. Unha ollada diferente e diversa sobre o que ferve no mundo da cultura, da moda, da música, da literatura, das artes, das tendencias ou do cinema. O GC Tendencias nace para ser unha nova porta de aire fresco para este país da man do incombustible Paco Gallego a quen, persoalmente, lle quero agradecer o duro traballo que leva realizando estes meses.
 
Por iso, e agora máis que nunca, pedimos, novamente, a vosa colaboración. Certamente, é moi difícil resistir na actual coxuntura política e económica se non hai un compromiso por parte dos lectores. Por iso, insistimos aos que aínda non o fixeron que aportades o voso gran de area a través do GC Plus para manter este medio 100% independente.
 
Que así sexa e que así sexa por moito tempo. E que o GC, o Certo, o QPC, o Tempos, o Novas, Radiofusión, o DV, o Sermos, o Dioivo, o Praza e o resto dos medios en galego sigan tendo 1.000 primaveiras máis. É o que necesita, máis que nunca, este país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA