A APC sae en defensa do xornalista da RG que tivo unha bronca en directo con Gonzalo Caballero

Esixe respecto á liberdade dos xornalistas para facer o seu traballo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/12/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Asociación da Prensa da Coruña (APC) manifestou o seu malestar "polas críticas vertidas polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ao xornalista da Radio Galega, Luis Ojea, ao que lle afeou a forma de enfocar unha entrevista",

Luis Ojea, xefe de informativos da Radio Galega
Luis Ojea, xefe de informativos da Radio Galega | Fonte: CRTVG

Nun comunicado, a APC alude á emisión desta polémica entrevista o pasado domingo, na que Caballero e Ojea, editor da fin de semana da Radio Galega e colaborador do xornal conservador ABC, tiveron unha discusión bronca. Por iso, esixe da clase política en xeral "o maior dos respectos ao exercicio da liberdade de información por parte dos profesionais do xornalismo".

Respecto diso, asegura que esta liberdade de información "preside o traballo dos xornalistas, o que os faculta para propor as preguntas que estes desexen, sempre respectando os dereitos constitucionais que asisten a todos", engade.

Durante a discusión en directo, Caballero reprochoulle ao xornalista que insistira en preguntarlle varias veces polas diverxencias que supostamente existen no PSOE entre algúns dirixentes polo pacto con Podemos, e non polo mal que está a sanidade ou a educación con Feijóo, e acusouno de trasladar a un medio público as opinións que manifesta no ABC, medio que saíu na defensa do xornalista. De feito, as opinións de Ojea xeraron un "fondo malestar" no PSdeG.

Polo momento, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o único órgano profesional que existe no país, non se pronunciou sobre este caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

É posible que teñamos diante un muro pero tódolos muros rematan caendo...! A liberdade de información e de expresión é o cerne dunha democracia adulta, sen ela calquera votación pódese converter en pura rateira na que a xente entra pero xa non atopa o camiño de saída... Unha prensa libre é un gran faro que alumea aos mareantes na súa longa noite de pedra! http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 Gamela

Insistimos en que debe ser cousa de familia. En Vigo Abel Caballero leva 12 anos respondendo ao que lle peta e cando lle peta, a preguntas de "medios hostís" a súa resposta sempre é a mesma: "a eso ya he contestado!" e segue a rolda de prensa sen que ningún xornalista se teña feito eco desta situación! Por non falar do seu programa semanal en TeleVigo que ninguén sabe a día de hoxe como se financia e de onde saen os cartos para que o alcalde con maioría absolutísima poda facer CAMPAÑA PERMANENTE dúas horas semanais nunha televisión privada (?) Pero ninguén quere levantar esa lebre, nin siquera o PP, e moito menos a Marea de Vigo nin o BNG (?)

2 Pitito

Viva la Asociacion de Prensa de Laaaaa Cojguña! Olé! Viva la livertá despresion!!

1 pucho

liberdade este xornalista...se está o servizo da ultradereita tramontana e pepeira