O Sergas di que a asistencia está "garantida" na Coruña tras a denuncia sobre prazas sen cubrir

Común da Esquerda denunciara a situación dos Centros de Orientación Familiar (COF) e, en particular, sobre a situación de prazas sen cubrir nos da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/12/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Xerencia da área sanitaria da Coruña manifestou que a cobertura asistencial está "garantida" tras a denuncia do grupo Común da Esquerda sobre a situación dos Centros de Orientación Familiar (COF) e, en particular, sobre a situación de prazas sen cubrir nos da Coruña.

"Non se trata de cubrir ou non cubrir", apuntaron a Europa Press desde a Xerencia. "Hoxe en día toda a atención xinecolóxica da área sanitaria da Coruña, incluíndo a interrupción voluntaria do embarazo, está integrada no circuíto de xinecología e obstetricia do Servizo e non compartimentada".

"O que garante a cobertura asistencial por parte dun equipo multidisciplinar a todos os niveis", recalcaron. Ademais, defenderon que o obxectivo é "tentar superar a fragmentación e proporcionar unha atención integral e de continuidade".

En canto á denuncia sobre a existencia de lista de espera, aseguraron que "os COF atenden consultas ordinarias e de seguimento, non relativas a patoloxías".

"A atención urxente, que precisa da actuación dun facultativo especialista, leva a cabo as 24 horas do día por parte o servizo de urxencias do Materno, ademais da atención que se poida prestar a diario por parte dos profesionais de Atención Primaria e as enfermeiras especialistas (matronas) nos centros de saúde", suliñaron.

Centro de saúde de Galicia
Centro de saúde de Galicia | Fonte: REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta