Villares pídelle aos "socios" do PSOE, BNG e Podemos, que o impliquen nun compromiso con Alcoa San Cibrao

"Non sabemos a que esperan e en que están a perder o tempo. Fálase do estatuto (para electrointensivas), pero aínda non vimos un borrador en firme", alertou.

Por Galicia Confidencial | Cervo | 20/12/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediulles a BNG e Podemos, aos que considerou "socios" do PSOE no futuro goberno de Madrid, a que non perdan o tempo e que negocien xa un compromiso de permanencia de Alcoa en San Cibrao asumible polo PSOE antes da investidura de Sánchez.

O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo

Nunha visita na Mariña lucense, Villaes lembrou que xa o ano pasado, antes da poxa de interrumpibilidad, o seu partido alertaba de "que tiña moi mala pinta" o futuro da planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo (Lugo). O portavoz de En Marea apremou a que "aínda que o Goberno (central) estea en funcións non perda o tempo e presente unha proposta" de estatuto para as industrias electrointensivas.

Tanto é así que "agora mesmo xa deberían de estar (o Executivo) negociando cos que van ser os seus socios de Goberno, como o BNG ou Podemos, e xa podían presentar un borrador para que cando se forme Goberno se aprobe ipso facto". "Non sabemos a que esperan e en que están a perder o tempo. Fálase do estatuto (para electrointensivas), pero aínda non vimos un borrador en firme", afeou finalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta