Entran en vigor as rebaixas fiscais da Xunta: desde este mércores, sen impostos as herdanzas de ata un millón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Coa chegada do 2020 este mércores entraron xa en vigor os novos orzamentos da Xunta de Galicia e, con eles, novas rebaixas fiscais. Estas contas posibilitan, entre outras medidas, que as herdanzas de ata un millón de euros, salvo a vivenda habitual, queden libre do Imposto de Sucesións.

Segundo cálculos do Goberno galego, máis do 99,9% dos galegos non terán que pagar este tributo cando reciben unha herdanza de ata un millón de euros dun familiar directo --ascendente, descendente ou cónxuxe--. Ata agora, o límite para a exención eran 400.000 euros.

Así mesmo, o acceso ás reducións xa existentes amplíanse a partir deste 1 de xaneiro para afectar tamén as sucesións de empresas que permanecen dentro do ámbito familiar. Outra das rebaixas que inclúen os orzamentos autonómicos do 2020 é o descenso pola compra dunha vivenda usada en 3.459 parroquias cualificadas como zonas pouco poboadas (ZPP). Estas representan o 94% do territorio galego, indica a Xunta.

En todas elas, redúcese o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) do 7% ao 5% no caso de compra de domicilio habitual, e do 10% ao 6% para o resto de vivendas, co obxectivo de "fixar poboación no rural e dinamizar estas zonas", explica a Administración.

Ademais, incorpórase a 'dedución verde' no IRPF para bonificar ata o 15% do custo das actuacións en vivendas que melloren a súa eficiencia enerxética. En total, calquera particular pode bonificarse ata 1.350 euros, máis outros 150 euros para cubrir os custos da emisión do certificado de eficiencia.

Imaxe de arquivo de billetes de 50 e 20 euros. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo de billetes de 50 e 20 euros. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta