Autónomos reclaman bonificacións para a AP-9 e dan un "ultimato" a PSOE e BNG para "cumprir este compromiso"

No caso de que estes compromisos non cheguen a ratificarse na práctica, a plataforma mobilizarase.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) lanzou un "ultimato" ao Goberno e Bloque Nacionalista Galego, dando de marxe ata o 28 de febreiro para que "se cumpra cos compromisos adquiridos no acordo de investidura entre o BNG e o Partido Socialista", en relación coas bonificacións nas peaxes da AP-9 que reclaman.

Peaxe.
Peaxe.

Aseguraron este venres que de levarse a cabo estas medidas "os autónomos e profesionais que transiten pola AP-9 e realicen o percorrido de ida e volta na mesma xornada terán unha bonificación do 100% do abono da peaxe".

Desta maneira, os traballadores que o usen a diario aforrarán entre 300 e 600 euros de media ao mes, dependendo dos tramos que percorran cada día. En total, suporá un aforro en custos de explotación para miles de negocios de 4.000 euros anuais.

En liñas xerais traduciríase en preto de 50 millóns de euros ao ano para os autónomos que servirían para amortecer "a precaria situación económica que atravesa o colectivo", explicaron.

No caso de que estes compromisos non cheguen a ratificarse na práctica, a plataforma mobilizarase e "non cesará no empeño de alcanzar os lexítimos intereses" que reclaman, manifestaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta