A Xunta manterá as "embaixadas" no exterior, pero crea dous novos modelos de sedes menos políticas

Alfonso Rueda destaca a importancia de fortalecer os lazos coa lusofonía na futura lei de acción exterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal deste xoves a lei de acción exterior, que será remitida á Cámara autonómica para continuar a súa tramitación. Unha norma que mantén as "embaixadas" ou sedes representativas da Xunta no exterior, tal e como sucede na actualidade, pero que recolle a creación de dúas novas figuras con moito menos peso político.

Reunión semanal do Consello da Xunta. XUNTA
Reunión semanal do Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así, ademais destas delegacións da administración galega, como a que ten en Bruxelas, a Xunta aposta por abrir dous novos tipos de oficinas sen carácter político. Así, por un lado estarán as oficinas que poden ser creadas en determinados países a iniciativa dunha consellería da Xunta para un tema concreto, especialmente con fins económicos, e outras que terán un carácter non permanente. E dicir, serán oficinas que se poderán abrir e pechar nun periodo de tempo concreto para cumplir un determinado cometido.

Por outra banda, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, destacou que esta lei tamén recolle a posibilidade de reforzar as canles coa lusofonía e participar máis activamente cos países de fala portuguesa. Neste sentido, lembrou que esta mesma semana o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Georgina Mello, para abordar a futura e posible integración de España como Observador Asociado deste organismo.

A NOVA LEI

A futura norma, segundo Rueda, será "pioneira" e aspira a "mellorar a proxección de Galicia" a través da coordinación da acción exterior galega. A norma é froito "dun amplo proceso participativo", dixo, aínda que confirmou que houbera entidades que a criticaron durante os procesos de alegacións. Pola súa banda, Feijóo subliñou que está "validada" polo Ministerio de Exteriores, tendo en conta que o Goberno central ten "a maioría das competencias" en materia de Política Exterior e buscouse a súa opinión. 

Entre os seus "obxectivos estratéxicos", o Executivo autonómico sitúa a diversificación dos mercados exteriores, así como a captación de capital mercantil industrial para investimentos produtivos e de capital humano cualificado. Tamén aspira a favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes. Finalmente, incorpora o reto de profundar na execución dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Pero non eran os Catalans os que tiñan embaixadas e era Ilegal? NON ENTENDO NADA