Por E.P. | Ourense | 31/01/2020 | Actualizada ás 16:18
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cuestionou a "escasa credibilidade en asuntos do AVE" do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e reiterou que "o atraso do AVE a Galicia é importantísimo". Así o manifestou este venres, ao termo da presentación da nova residencia de persoas maiores que se construirá en Ourense.
En concreto, referiuse a "un Goberno de España que non di a verdade co AVE", despois de ser preguntada polas declaracións de Losada o pasado xoves, nas que este aseguraba que "o que chaman atraso se trata dunha desviación duns meses".
Neste sentido, pediulle ao Goberno de España que "se o atraso é de poucos meses, que diga claramente cando se terminarán as obras". Ademais, engadiu que "canto menos atraso, máis se alegraría a Xunta de Galicia e os veciños".
Con todo, insistiu en que "o Goberno de España non está a dar unha data concreta do termo das obras da Alta Velocidade" e entende que "por algo será".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.