As críticas do BNG ao monarca español, novo campo de batalla electoral

O PP tenta atacar ao PSOE por pactar cos nacionalistas en concellos e deputacións. Olalla Rodil critica os actos no Congreso "para maior gloria da Monarquía española".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2020 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Os populares xa atoparon outro nicho electoral no que tentar atacar ás perspectivas de cambio en Galicia. E é que a decisión do BNG de asinar cos independentistas de Esquerra Republicana (ERC), Junts, EH Bildu es a CUP  un manifesto no que piden romper coa Monarquía española xa foi utilizado polo Partido Popular para atacar ao PSOE. Unha estratexia que fructificará, ou non, en función da importancia que lle dean os medios afíns ao PP que, polo momento, manteñen unha posición ambigua.

Luís Bará, deputado do BNG, rompe fotos do Rei Felipe VI
Luís Bará, deputado do BNG, rompe fotos do Rei Felipe VI | Fonte: EP

"Non deixa de chamar a atención este boicot do BNG á figura do rei", aseguraba este luns en rolda de prensa o voceiro popular Pedro Puy. "O problema xa non é o Bloque, senón o PSOE de Gonzalo Caballero que está gobernando cun partido que boicotea ao rei en concellos e deputacións", advertiu ao tempo que destacaba que este tipo de actitudes amosan o que sería un goberno de coalición cos nacionalistas en Galicia. "Un partido que boicotea as institucións do estado", lamentou.

Uns ataques que tivo que responder o líder do PSOE, Gonzalo Caballero, para lembrarlle que o seu partido é "un partido constitucional". "Asumimos a España constitucional e o papel da monarquía", dixo tamén en rolda de prensa. Con todo, defendeu os acordos de goberno co BNG en concellos e deputacións porque, alí onde está implantado este pacto, dixo, "é para resolver os problemas dos galegos e das galegas".

Tamén se amosou favorable a revisar o modelo de estado, pero, mentres non se poida, mantivo, "haberá que reforzar e poñer en valor a Constitución que temos desde hai 40 anos para tentar solucionar os problemas que hai". "E iso implicar manter o papel da monarquía", engadiu.

CRÍTICAS Á MONARQUÍA

Pola súa banda, e preguntada tamén a este respecto, a voceira en funcións do BNG, Olaia Rodil, quixo deixar claro que a postura antimonarquica da súa formación non é de agora. "O Bloque é republicano e demóctrata", dixo.

Con todo, defendeu a sinatura deste manifesto porque a presenza do rei español, dixo, en actos como a apertura da lexislatura en Cortes, "só serve para facer propaganda para maior gloria da Monarquía española".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Riolo

Lo vuelvo a decir. Es maravilloso que el BNG se quite la careta y muestre lo que es: una fuerza marginal antisistema que no tiene nada que ver con la inmensa mayoría de los gallegos y funciona como una simple sucursal de los terroristas vascos y de los corruptos golpistas del 3%. Que sigan así. Para las autonómicas Vox no baja de los diez escaños en Galicia.

3 nostrus

Los del RNG si quieren ser coherentes con la cultura y el pasado deberian ser monarquicos, ¿acaso la monarquia en Galicia no es mas antigua incluso que el gallego?. La monarquia puede tener un punto de tradicion y de cultura, pero su mayor mérito es que la jefatura de un estado al cargo de una monarquia es mas eficaz y cumple mejor su cometido a causa de que no tiene que deberle favores a quien le patrocinó, como pasa en el caso de una república en que el presidente es promovido por unos partidos y a la vez reprochado por los otros. En una monarquia es mas fácil ser neutral y es a su vez democrática si es aceptada por el pueblo.

1 Serxio

Miña nai, cada frase é unha tontería maior ca anterior

2 Puideron

E Pablemos aplaudindo al monarca ques muy alto y muy guapo

1 Sentidiño

Ao PPdeG non lle convén que a caverna convirta as eleccións de 2020 (Cat/Gz/Euzkadi) nunha carreira con Vox a ver quén é máis fac.h.a Iso podería darlle a Vox os votos que impedisen a maioría absoluta de Feixóo, ou incluso un par de escanos que o forzase a pactos vergonzantes como os de Andalucía, Madrid e Murcia. Toca moderación.