O presidente de Abanca móstrase "sorprendido" polas críticas á universidade privada que impulsa

Juan Carlos Escotet defende que "é absolutamente compatible e complementaria co sistema público".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2020 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, mostrouse "sorprendido" polas críticas á futura creación da universidade privada impulsada por esta entidade, xa que defende que "é absolutamente compatible e complementaria co sistema público".

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco, na presentación de resultados de 2019
O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco, na presentación de resultados de 2019 | Fonte: Europa Press

Os tres reitores das universidades galegas -(Santiago, A Coruña e Vigo) manifestáronse en contra da universidade de Abanca, do mesmo xeito que a comunidade educativa. Sindicatos docentes e estudantís uníronse nunha plataforma para facer fronte ao que consideran unha "mercantilización dos estudos superiores".

Na presentación de resultados de Abanca de 2019, Escotet asegurou que esta universidade privada "enche o baleiro existente", pois servirá para que "mozos conten cunha oferta educativa máis ampla".

"A diferenza do que se di", sostén, aspira a ser a primeira universidade privada do noroeste, con especialización en empresa, tecnoloxía e emprendemiento, "tres frontes" nas que "fai falla unha maior oferta educativa".

Por tal motivo, apunta que a creación da universidade de Abanca é "un paso natural", cun proxecto "altamente especializado e innovador", o cal "xerará fortes vínculos co sistema empresarial galego".

Finalmente, lembra que é unha entidade privada "sen fins de lucro", "indispensable para reter en Galicia tanto o talento nacional como internacional" e que "será capaz de impulsar a proxección global de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta