O sector agroalimentario representa o 6,9% do PIB galego e o 9,3% do emprego total con 103.521 postos de traballo

As actividades primarias representan case o 70 por cento dos postos de traballo do sector e son as que maior peso teñen na economía galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O sector agroalimentario representa o 6,9 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia, así como o 9,3 por cento do emprego total no país con 103.521 postos de traballo, segundo reflicte un estudo de actividade elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) con datos relativos ao ano 2017.

Unha explotación co selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia
Unha explotación co selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia

As actividades primarias representan case o 70 por cento dos postos de traballo do sector, sendo a rama de agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados a que maior peso ten sobre o PIB (3,1%) e os postos de traballo (49.698).

Pola súa banda, a pesca representa o 0,9% do PIB e dá traballo a 16.929 persoas, mentres que a industria de procesamiento e conservación de produtos mariños produce o 0,8% do PIB total de Galicia con 11.245 empregos.

Deste xeito, o sector creceu menos que o total da economía galega durante a fase expansiva. Así, obtivo taxas positivas nos anos de recesión económica e creceu lixeiramente por enriba da media da economía galega nos últimos anos.

En comparación co sector a nivel estatal, Galicia está especializada no subsector primario, en concreto na pesca e acuicultura, que achegan o 40 por de o Valor Agregado Bruto (VAG) de todo o Estado.

EXPORTACIÓN

O estudo tamén reflicte que a actividade agroalimentaria está asentada en todo o territorio galego, aínda que destaca nas comarcas da Coruña (9,3% do sector), Barbanza (7,2%), Vigo (6,7%) e Lugo (6%).

Ademais, a actividade está orientada ás exportacións ao contar con saldo postivio tanto nos produtos primarios como nos industriais, especialmente nas conservas de peixe, os produtos gandeiros, a carne e o leite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta