Temas: TREN AVE ADIF

VÍDEO: A liña do AVE a Galicia, a maior montaxe de vía en placa en España, maior que a de Guadarrama

Adif mostra os avances na liña de alta velocidade a Galicia e insiste en que estará rematada en 2021.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/03/2020 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias) lanzou un vídeo no que ofrece información e imaxes sobre a montaxe de vía en placa no tramo Pedralba-Taboadela da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

Montaxe de vía en placa no tramo Pedralba-Taboadela da liña do AVE Madrid-Galicia
Montaxe de vía en placa no tramo Pedralba-Taboadela da liña do AVE Madrid-Galicia | Fonte: Adif.

No vídeo explícase como se están a salvar as dificultades orográficas desta parte da liña, mediante túneles e viadutos, o cal foi "todo un reto de enxeñería que levou a unha situación particular: o 72% de toda a vía a montar (124 de 173 km) debe realizarse en placa, fronte á tradicional montaxe de vía sobre lastro", o cal, segundo segundo Adif, supón "un novo fito no proceso construtivo da liña polo novidoso da situación".

"Até agora, o único traballo que podería ser comparable no noso ferrocarril foi a montaxe dos túneles de Guadarrama", un "bitubo de 28 quilómetros de lonxitude no que se montaron 56 quilómetros de vía en placa", menos da metade dos que se están instalando agora no tramo Pedralba-Taboadela.

Temas: TREN AVE ADIF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta