Un proxecto galego contra a velutina gaña o primeiro premio na feira científica Exporecerca

O traballo, ideado por dous alumnos de Bacharelato de Poio, céntrase na loita biolóxica contra especie invasora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Un proxecto de dous alumnos do Bacharelato Internacional do Colexio Internacional SEK - Atlántico de Poio centrado na loita biolóxica contra a avespa velutina gana o primeiro premio en Exporecerca, a feira científica para mozos investigadores máis importante de España.

Nun comunicado, o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, explicou que os dous estudantes, Nuno Sinde e Pedro Fernández, tamén conseguiron o 'Premio Novos Investigadores' e o 'Mellor traballo en Bioloxía'.

Xa en 2019 ambos se fixeron co premio en Galiciencia con este mesmo proxecto, o que lles permitiu participar nesta feira internacional en Barcelona. Agora, terán a oportunidade de presentalo noutros certames para mozos investigadores en Málaga e tamén en California.

No seu proxecto, Nuno Sinde e Pedro Fernández ofrecen unha abordaxe para un problema que cada vez é máis preocupante dentro e fóra de Galicia. Partiron da idea de buscar un axente natural para controlar a invasión desta especie, procedente do continente asiático e que destrúe moitas colmeas no norte da Península Ibérica desde a súa chegada no ano 2005.

O controlador natural testado con éxito por estes estudantes é un fungo, o Cordyceps militaris, que, segundo comprobaron, pode involucrarse nos niños das avespas e alimentarse das quitinas das súas larvas, reducindo así a súa poboación e evitando o uso de insecticidas químicos.

Os alumnos propoñen a súa utilización en todo o suroeste francés, o norte de España e o norte de Portugal, especialmente nas súas zonas húmidas, que é onde a velutina se instalou grazas a unha perfecta adaptación ao clima atlántico europeo.

Vespa velutina
Vespa velutina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta