Crónica do coronavirus en Galicia: Do “estamos preparados” de Almuíña ao “estamos preocupados” de Feijóo

Esta é a historia cronolóxica de como se afrontou unha crise sanitaria sen precedentes en Galicia. A pesar das advertencias de China en xaneiro sobre a rápida difusión do coronavirus, o Goberno español e a Xunta dixeron estar perfectamente preparados para afrontalo. Hoxe Feijóo admite estar “preocupado”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2020 | Actualizada ás 22:24

Comparte esta noticia

Galicia pasou en mes e medio do control ao caos. Se o 1 de febreiro a Xunta presumía de estar preparada e ter protocolos adecuados para atender ao coronavirus, este luns 16 de febreiro Feijóo admitía a súa “preocupación” pola situación e a falta de material. Pero, como se chegou a esta situación?.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS | Fonte: Xoán Crespo.

Este é o relato cronolóxico da chegada e o combate contra o coronavirus en Galicia.

29 de xaneiro de 2020: Primeiro caso en España
Primeiro caso de coronavirus en España. Trátase dun alemán que estaba de vacacións na Gomera (Canarias).

1 de febreiro de 2020: O Sergas distribúe o primeiro protocolo
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) distribúe entre o seu persoal sanitario un protocolo de actuación en caso de detección dun caso sospeitoso de infección por coronavirus. Neste documento establécese que serán casos posibles todos aqueles pacientes que teñan síntomas compatibles cunha infección respiratoria aguda, de calquera gravidade, e que presenten síntomas como tose ou dificultade para respirar. Só se considerarán casos sospeitosos se nos últimos 14 días estiveron na provincia chinesa de Hubei ou estiveron en contacto estreito cunha persoa que se sospeita ou se confirmou que padece esta enfermidade.

8 de febreiro de 2020: Os médicos lanzan mensaxe de tranquilidade
Os profesionais sanitarios ven a Galicia "preparada" para un posible caso de coronavirus e trasladan á poboación unha mensaxe de tranquilidade a este respecto. Mentres, a Consellería de Sanidade lembra que "se manteñen activos todos os protocolos que definen as actuacións ante un posible caso".

4 de febreiro de 2020: “O Sergas está preparado”
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, considera que tanto o Servizo Galego de Saúde (Sergas) como o Sistema Nacional de Saúde ( SNS) están “preparados” para “utilizar os medios que ten” dispoñibles se se rexistra algún outro caso de coronavirus en España.
En declaracións aos medios tras participar no Pleno do Consello Interterritorial no Ministerio de Saúde co ministro, Salvador Illa, e os seus homólogos autonómicos, Vázquez Almuiña di que hai unha “coordinación total e absoluta” entre as comunidades e celebrou os “criterios uniformes” entre todas elas para facer fronte a esta enfermidade orixinada na cidade chinesa de Wuhan.
“En España só hai un caso e parece que está moi controlado, por tanto (estamos) preparados e expectantes. Neste momento aínda non se pode dicir se está a declinar a epidemia, pero o máis importante é estar en tempo real”, reiteroa

26 de febreiro de 2020: “É moi parecdio a unha gripe”
- O coronavirus segue a propagarse polo mundo e cabo del, a alarma social. Os establecementos farmacéuticos xa non son quen de satisfacer a demanda de máscaras e líquido hixienizante.
- O conselleiro de Sanidade  envía unha mensaxe de "tranquilidade" á poboación ante a alarma social que está a provocar o coronavirus. Almuíña lembra o "novo protocolo" establecido en Madrid e que incrementa os países dos que poderían proceder os pacientes sospeitosos. Ademais de China, esta situación esténdese a Xapón, Corea do Sur, Irán, Singapur e norte de Italia. O conselleiro lembra que é este último país o que dá "máis problemas" aos españois, "por existir unha gran circulación nos dous sentidos, de Italia cara a España e de España cara a Italia". O conselleiro detalla que o comportamento do coronavirus "é moi parecido ao da gripe". "O que pasa é que a xente xa está acostumada a falar desta enfermidade e non de coronavirus, por iso está a causar una certa alarma social", destacou, engadindo que "os tratamentos son tamén moi similares".

27 de febreiro de 2020: “Hai cobertura nos hospitais”
- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, confirma que, "en case todas as áreas" sanitarias de Galicia, xa hai equipos preparados para, se fose necesario, acudir a domicilio a tomar mostras de posibles casos de afectados por coronavirus. Insiste en que o seu departamento está "preparado" ante unha eventual aparición da enfermidade en Galicia. Di que é importante "facer un diagnóstico rápido e seguro" para que o illamento impida unha posible propagación, pero, en todo caso, asegurou que os profesionais están "preparados" por se se dese o escenario dunha fase posterior.
No caso de Galicia, o conselleiro explicou que os sanitarios están "adestrados" pola súa experiencia na xestión da gripe e, aínda que non hai vacina para o coronavirus, "os medios son iguais: atención primaria, PACs, 061 e servizos hospitalarios e de Urxencias". "Todo iso está preparado", reitera, e apunta que, ao estar a gripe nunha etapa decrecente, hai "cobertura" suficiente nos hospitais para "dar cabida a un incremento por coronavirus".

2 de marzo de 2020: Primeiro caso en Galicia
- Un paciente procedente de Madrid permanece illado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) tras confirmarse que está infectado co coronavirus, así como outros 11 traballadores que estiveron en contacto con el están preventivamente nas súas casas.

2 de marzo de 2020: Sanidade anuncia novas contratacións de sanitarios
- A Consellería de Sanidade contrata a 60 profesionais para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e destina sobre 1,7 millóns de euros para a compra de material no marco do dispositivo habilitado fronte á presenza de coronavirus. .

4 de marzo de 2020: Outro caso en Vigo
- Un paciente varón de mediana idade permanece illado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras dar positivo en coronavirus.

5 de marzo de 2020: “O virus non circula por Galicia”
- Médicos de Medicina Interna apelan a "mellorar a hixiene de mans" e que "haxa material para quen ten que atender aos afectados" con coronavirus en Galicia tras os primeiros casos.
-  O conselleiro de  Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, insisten en que tanto os dous casos que deron positivo son "importados", o que apunta a que o virus "non circula por Galicia". "O virus non está a circular en Galicia", engadiu Xurxo  Hervada, que explicou que o "importante" é que se trata aínda dunha "fase de contención".
- As peticións de máscaras nas oficinas de farmacia durante a última semana de febreiro, coincidindo co aumento de casos de coronavirus en España, crecen un 20.000 por cento con respecto á mesma semana de 2019, segundo datos da Federación de Distribuidores Farmacéuticos (Fedifar). Igualmente, "creceu bastante" a demanda de xeles desinfectantes para previr os contaxios por coronavirus.

9 de marzo de 2020: Primeira referencia Feijóo ao turismo e ao coronavirus
- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admite a "situación delicada" que vive o turismo polo coronavirus, pero espera que o sector en Galicia siga á alza polo efecto Xacobeo.

12 de marzo de 2020: Peche de centros educativos
- Feijóo anuncia que os centros educativos de toda Galicia permanecerán pechados como medida preventiva perante a crise do coronavirus.

13 de marzo de 2020: Estado de Emerxencia Sanitaria
- A Xunta activa por primeira vez na historia da autonomía galega o estado de emerxencia sanitaria que implica o peche de todos os comercios, agás aqueles adicados á alimentación como panaderías, froiterías, pescaderías, carnicerías ou quioscos.
- Pedro Sánchez anuncia que se decretará o Estado Alarma

16 de marzo de 2020
- O presidente da Xunta asegura estar preocupado e que "a súa maior preocupación" segue sendo que se poida contar co material adecuado --máscaras e lentes de protección, por exemplo-- para traballar no ámbito sanitario e de atención social, á vez que garantiu que Galicia non alterou o seu protocolo para facer a proba do coronavirus, que practica "con normalidade" desde que empezou a crise.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentan o Plan de Hospitalización a Domicilio (HADO)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentan o Plan de Hospitalización a Domicilio (HADO)
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto en Santiago. XUNTA
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto en Santiago. XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Xax

Era visto, "preparados" e "Almuíña" son antónimos

3 Doctor Sito

2 caxancran

despois de pedir cita e darma pra unha seman despois.chamaronme do sergas por si podia aprazala.... que gasten pasta e contraten xente e deixen de tirala en empresas amigas , propaganda, e festas. ou pra o Xacobeo.... a vida da xente e prioritaria penosos

1 Gamela

dende o 12 de marzo, catro días sen sair da casa e sen realizar a proba PCR ! Mentras tódolos políticos fanse a proba en horas en Galicia seguimos agardando un milagre! Velaí o protocolo do SERGAS https://flic.kr/p/2fTD4vJ