Por serxiomaria@ (http://nosliterauriensis.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 03/11/2012
Por Serxio María | Ourense | 02/11/2012.
Un grupo de mozos ourensáns impulsan un semanario dixital co nome do histórico xornal galeguista.
O pasado xoves, abría as portas o novo semanario dixital A Nosa Terra, integramente escrito en galego e asentado sobre os piares do galeguismo.
Esta iniciativa ben promovida por un grupo de bachareles ourensáns, estudantes do Colexio Plurilingue Divina Pastora, que ante a situación de aldraxe que vive o xornalismo galego, impulsaron este proxecto.
A Nosa Terra que fora fundado no 1902, e no que participaran membros das Irmandades da Fala e do grupo Nós como Castelao ou Risco,tivo 104 anos de historia, pero foi no ano 2011 cando tivo que pechar pola falta de axuda e desinterese da Xunta de Galicia.
Agora nace un novo semanario que leva este honroso nome, co propósito de reactivar o xornalismo en galego, e mostrar que a mocidade galega ten un férreo compromiso coa lingua e coa cultura de Galicia, e un gran interese polo seu arredor.
Nel oito xornalistas principiantes falaramnos de actualidade, lingua, cultura, literatura, deportes, entre outras cousas.
Ademais conta cun portal de Cartas o Director, aberto a cidadanía, onde o lector poderá opinar e deixar as súas propostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.