Un lume calcina sete coches nunha rúa da Coruña

Aínda que ningunha persoa resultou ferida, os danos materiais foron cuantiosos, apuntaron fontes de emerxencias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/03/2020 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

Sete vehículos resultaron calcinados debaixo dunha ponte na cidade herculina debido a un lume, que puxo en alerta aos veciños da Rúa Posse na madrugada deste martes.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar pasados uns minutos das 3,00 horas deste martes e ao lugar acudiron os bombeiros da cidade e axentes da Policía Local.

Foi o "intenso fume producido" polo incendio, concretou o 112, o que puxo en alerta aos veciños da zona, que non podían precisar que sucedía debaixo da ponte da Rúa Posse, pero apuntaron que escoitaban pequenas explosións.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia contactaron cos axentes da Policía Local e cos Bombeiros da Coruña para sufocar o incendio que terminou por afectar a sete vehículos estacionados no lugar.

Aínda que ningunha persoa resultou ferida, os danos materiais foron cuantiosos, apuntaron as mesmas fontes de emerxencias.

Coche calcinado nunha pista forestal
Coche calcinado nunha pista forestal | Fonte: Durangon.com

INVESTIGACIÓN

A Policía Científica investiga a orixe do incendio. En concreto, desde o Corpo de Bombeiros, precisaron que o lume se orixinou nun Citroën e que logo se estendeu aos outros coches. "É unha zona moi ventosa", explicou un portavoz dos bombeiros que, a iso, sumou tamén a zona onde estaban aparcados os coches. "Fai remolino xusto onde estaban aparcados", precisou sobre os efectos do vento nesa zona.

No entanto, dixo que se descoñecen polo momento as causas do incendio ou se puido ser provocado, cuestión que agora investigan axentes da Policía Científica do Corpo Nacional de Policía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta