Os deputados do BNG doan parte do seu soldo de marzo a proxectos de investigación fronte á COVID-19

Ana Pontón sinalou en Twitter que se trata dunha "pequena achega que para nada substitúe o papel que teñen que ter os gobernos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Os deputados do Bloque Nacionalista Galego decidiron doar parte do seu salario correspondente ao mes de marzo a proxectos de investigación contra a pandemia da COVID-19.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu conta desta iniciativa este sábado a través do seu perfil da rede social Twitter, na que destaca que os nacionalistas queren "achegar o seu gran de area" con esta iniciativa.

Pontón asegura que se trata de "só un xesto", "unha pequena achega que para nada substitúe o papel que teñen que ter os gobernos". "Se algo aprendemos nestes días é que apoiar a ciencia e a investigación pública é clave se queremos estar mellor preparadas no futuro", indica.

A xefa de filas do Bloque afirma que non se sairá desta crise "con rebaixas de salarios dos e das traballadoras, nin debilitando ao público". "Hai recursos para enfrontar o desafío que vén; que a banca devolva os 60.000 millóns de euros do rescate, rebaixar o gasto militar ou subir impostos ás grandes fortunas", sostén.

A portavoz nacional do BNG fixo unha mención especial a Noa Presas e a Xosé Luís Rivas, 'Mini', quen "a pesar de que a partir do 5 de abril deixan de ter remuneración, fan igual a súa achega" no que considera "unha mostra de solidariedade e compromiso coa sociedade".  "Rodearse de boa xente é clave na vida e na política", finaliza Pontón nunha publicación na que cita a todos que foron deputados do BNG na última lexislatura.

Publicación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en Twitter. IMAXE CAPTURADA DE TWITTER
Publicación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en Twitter. IMAXE CAPTURADA DE TWITTER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Eu levo varios anos agardando pola doazón dunha tal Eva Solla (96.000 €/ano) ???