Por Rubén Novo | A Coruña | 25/11/2012 | Actualizada ás 12:16
COYOTE EXPRESS BAND é un grupo coruñés que inicio a súa andaina da man da parella musical formada por Carlos Garate e Eva Piñeiro, que para o resto deste articulo (e da vida) chamásense Charly Coyote e Eva Coyote, no xa afastado ano de 1994. Na actualidade a banda está formada por:
Eva Coyote: Voz.
Charly Coyote: Guitarra solista. J
uan Folla: Guitarra rítmica.
Iño Cid: Bajo.
Onofre: Batería.
Na longa traxectoria do grupo dende o ano 1994 a este 2012, pasaron músicos como Corona, actualmente coa banda de Rockabilly Honky Tonkin Boozers, ou Javier Ramallal, dos bluseiros Blue Kat. Outros músicos que pasaron por Coyote foron Mon e Luis, que tiñan tamén a banda Red Planet. Houbo tamén unha tempada que Coyote Express contaba con tres guitarras cos irmáns Tinaquero (Juan e Luis), que son dende sempre os puntais do gran grupo clásico da Coruña, por lonxevidade, veteranía e prestixio que é Miki Nervio & The Bluesmakers.
Unha característica que pronto definiu a Coyote Express Band foi a presenza á batería e voz de Eva, que se convertía nunha das poucas rapazas baterías e a única do panorama coruñés de batería - cantante. No pasado de Eva como música están grupos como Altibajos e Fuego Lolita. Charly Coyote estivo en grupos como Desheredados (o seu primeiro grupo no que empezou como baixista) e Pizzicatto, que fusionaba Jazz con Funk polo ano 1991, pero tanto para Charly como Eva o grupo que definiu e define a súa vida e proposta musical é Coyote Express Band.
Vídeo tocando no Obelisco:
Na formación actual de Coyote inflúe moito un proxecto paralelo que Eva e Charly montaron con Mangui ao baixo (o baixista histórico dos Diplomáticos de Monte Alto) e o batería Men Viñas (falar do seu currículo como batería ocuparía varias páxinas). Neste proxecto chamado The Skull Band, que ofrecería as súas primeiras actuacións no Pub Área Crítica da Coruña, Eva víase liberada da batería e poñíase á fronte de The Skull Band como cantante solista e The Skull Band dan un bo número de concertos por Galicia e, ao transcorrer do tempo, isto fai que se fusionen The Skull Band e Coyote Express Band. Mangui segue con varias bandas paralelas e o baixista de Coyote, Iño Cid, se une a The Skull Band, con Men seguindo na batería.
Decídese abandonar o proxecto The Skull Band e formar un Coyote Express Band con Eva, Charly, Iño, Men e a incorporación á guitarra rítmica de Juan, irmán pequeno de Charly e, polo tanto, cuñado de Eva, que é outro hiper-ocupado músico: guitarra rítmica en Coyote e batería de Jacobo Paz & Dous Mundos así como batería na banda de Hard Rock Bourbon Queen. Este Coyote Express Band versión 2011 dará concertos en Strato Hard Rock Café en Villarodis, Itaca da Coruña, 15 mil Fest en Expocoruña... ata que se produce a baixa de Men Viñas á batería, que se centra nun proxecto de versións de Amy Winhouse chamado Me & Mr.Jones, sendo o seu substituto ás baquetas de Coyote Onofre, o cal dará o seu primeiro concerto coa banda o 23 de decembro de 2011 no Tranvía da Coruña.
Xa neste ano 2012 Coyote seguirá dando directos, xa que son unha banda esencialmente de directo. Está no seu sangue Hard - Blues. Un exemplo é o mv¡concerto que dan enriba dun autobús estacionado no Obelisco da Coruña. Aquí tedes este link para visionar o acontecido esa tarde de domingo:
Reportaxe gráfica completa na web Empuje.net
E que se agocha tras esta denominación de HARD POWER BLUES TEXAS? Un pleno amor polo Rock N ´ Roll setentero, xa sabedes, a Creedence, Lynyrd Skynyrd, Allman Brothers... xunto ao Blues máis Power.
Que farán Coyote Express Band neste próximo 2013? Seguir tocando "a dolor". Son uns clásicos das festas-quedadas dos Moto-Clubs de Galicia. Seguirán predicando a palabra, ritmos e música do Hard Rock máis bluseiro que existe.
Anuncian para 2013 a saída da maqueta "Poor or Rich", con 5 temas propios e 5 versións, así como un video clip de " Poor & Rich". Xa son 18 anos de ouveos de coiotes...e os que quedan.
Rubén Novo
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.