Galicia suma 472 vítimas por Covid-19, os últimos un mozo de 35 e unha muller de 75 anos

Os maiores de residencias mortos representan un 43,3% do total dos falecidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/04/2020 | Actualizada ás 21:49

Comparte esta noticia

A pandemia de  Covid-19 cobrouse en Galicia a vida de 472 persoas, sumados os datos de complexos médicos e os das residencias de maiores, tamén as integradas. En total, este martes morreron nove persoas.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Os últimos dous decesos, en ambos os casos con diagnóstico de coronavirus, informa a Consellería de Sanidade, corresponden a un home de 35 anos ingresado no Chus de Santiago e unha muller de 75 que tiña atención hospitalaria a domicilio na área sanitaria de Lugo. Ambos tiñan patoloxías previas, indicou a mesma fonte.

Previamente, foran sete, unha na residencia Concepción Areal da Coruña e outras seis persoas que estaban ingresadas en hospitais.  Así, fontes sanitarias informaron da morte dun home de 84 anos de idade, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; e dun home de 92 anos, outro de 84 anos e outro de 80 anos, todos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Nas últimas horas tamén se rexistrou o falecemento dun home de 91 anos, ingresado no Hospital Comarcal de Monforte; e dun sexto home, de 72 anos, que estaba a ser atendido no hospital vigués Povisa. Todos eles con patoloxías previas.

Con esta actualización, o número de falecidos en hospitais galegos como consecuencia da COVID-19 é de 366 persoas: 107 na área sanitaria da Coruña, 72 na área de Vigo, 70 na área sanitaria de Ourense, 56 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 24 na área de Lugo e 14 na área sanitaria de Pontevedra.

FALECIDOS EN RESIDENCIAS

Ademais dos oito falecidos este martes en hospitais galegos e en atención hospitalaria en domicilio, Sanidade informou tamén da morte, nas últimas horas, dunha persoa na residencia Concepción Areal da Coruña, xestionada por DomusVi, co que o número de falecidos en centros xeriátricos da comunidade ascende a 104 persoas. As mesmas fontes confirmaron que, ademais das mortes rexistradas en residencias, houbo outros 100 falecidos vinculados a centros residenciais (que ben morreron en hospitais, ou ben en residencias integradas).

Deste xeito, o número de falecidos vinculados con centros residenciais ascende a 204, un 43,4 % do número total de mortos por coronavirus en Galicia. Desde que empezou a pandemia morreron 22 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 19 no DomusVi de Cangas, outros 19 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e 5 na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 3 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), dous na residencia San Pedro de Crecente, dúas en As Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz, outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras) e un na residencia DomusVi Concepción Areal da Coruña.


É preciso, ademais, evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta