O vento supera o 122 km/h en Cedeira nunha xornada con risco por vento e ondada no litoral galego

Tamén en Viveiro se superaron os 113,7 km/h.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O vento superou os 122 quilómetros por hora na localidade costeira de Cedeira (A Coruña) nas primeiras horas dunha xornada con risco por vento e ondada no litoral de Galicia.

Segundo os datos rexistrados por Meteogalicia, recollidos por Europa Press, ata as 10,00 horas deste xoves os refachos de intensidade máxima de vento corresponderon a localidades do litoral norte como Cedeira (122,4 km/h) e Viveiro (Lugo), con 113,7 quilómetros por hora.

O vento deixou tamén nas primeiras horas deste xoves refachos de 88,9 quilómetros por hora en Abadín (Lugo) e de 81,5 en Ortigueira (A Coruña). Mentres, en localidades con altitude superior a 900 metros, o vento alcanzou os 88,8 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense); os 82,5 en Manzaneda (Ourense); os 82,2 en Baleira (Lugo) e os 77,4 en Navia de Suarna (Lugo).

En concreto, o risco por vento e os fenómenos costeiros afectarán este xoves ás costas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, segundo avisou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que espera precipitacións localmente persistentes no extremo oeste de Galicia.

Forte ondada no litoral (Foto de arquivo).. ELISA PIÑÓN- EUROPA PRESS - Arquivo
Forte ondada no litoral (Foto de arquivo).. ELISA PIÑÓN- EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta