Os Colexios de Xornalistas piden non espallar bulos e rexeitan os intentos de censura de medios polo COVID-19

Lembran a importante labor de información pública que están realizando os xornalistas durante esta pandemia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2020 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

O exercicio profesional dos xornalistas é un servizo público e esencial. É a mensaxe que traslada a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, con motivo da celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa este domingo.

Unha mensaxe que se fai máis evidente durante a actual crise provocada polo Covid-19 que, segundo esta institución “deixou patente o importante labor social que desenvolven os medios de comunicación e información, motivo polo cal a cidadanía debe valorar o traballo diario desempeñado polos xornalistas”.

Neste contexto, suliña que a liberdade de prensa e o dereito á información “son valores imprescindibles en calquera sociedade democrática”. Por esta razón, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita calquera intento de censura previa aos medios de comunicación e información por parte das autoridades, xa que isto suporía un retroceso democrático con consecuencias nefastas.

“Nas últimas semanas, os xornalistas demostraron o seu compromiso coa profesión e coa cidadanía, xa que, malia as dificultades que tiveron para exercer a súa función (teletraballo, ERTE, disminución de salarios, etc.), realizárono de xeito responsable”, indica nun comunicado. Neste sentido, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas quere lembrar aos cidadáns que “para evitar a difusión de bulos e noticias falsas o aconsellábel é acudiren aos medios de comunicación e información”.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas alerta sobre a precariedade laboral que a crise tamén está traendo a este sector e pídenlle a editores e directores dos medios de comunicación e información que eviten despidos e defendan aos xornalistas ante calquera presión externa que poidan recibir.

Para rematar, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas insiste unha vez máis na urxencia de que os partidos políticos aborden a creación do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas, xa que este órgano íase converter nun elemento inmellorábel na defensa da liberdade de prensa e do dereito á información.

Ilustración no día da liberdade de prensa, información e expresión
Ilustración no día da liberdade de prensa, información e expresión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

La sociedad cautiva e aínda que Baltasar Garzón diga que esta señora non ten probas do que afirma neste artigo, non sería mala cousa ter acceso á INFORMACIÓN ! https://twitter.com/00Gamela/status...

2 Gamela

Un exemplo da miseria comunicativa El Pais https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

E non teñen nada que dicir sobre os MUROS de Silencio que os grandes medios impoñen aos lectores? Será que a Nova Normalidade consiste en pagar dúas veces pola información? Será que non lles chega coas enormes subvencións públicas que algúns medios reciben mentras machacan aos seus empregados? Será que esta democracia xa non é o que era? Será... https://i.gal/gamela22

1 Kramer

Un novo paso para Gamela, contestarse a si mesmo "hasta el infinito y más allá". Outro día leo o que escribiches, ok?

2 Gamela

Case mellor nos perdas o tempo lendo cousas raras !