Comeza a emitir unha nova radio galega na rede: A Tribo Radio

O espazo xorde desde o confinamento e para dar voz a toda a comunidade que aspira “a conformar unha sociedade crítica, máis xusta e igualitaria”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A situación de confinamento vivida nas últimas semanas derivada da crise do COVID-19 dá lugar ao xurdimento dunha nova radio galega. A Tribo Radio comezará a emitir este venres, 8 de maio, ás 12:00 horas, a través da web atribo.gal, da plataforma ivoox e das redes sociais facebook e twitter.

"Trátase dun espazo deseñado especificamente para internet, que emerxe desde o confinamento para dar voz a toda a comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das persoas máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia e á cultura", apuntan os impulsores nun comunicado. O obxectivo, din, é ofrecer información e tratamentos que non se encontran nas radios convencionais.

O primeiro programa contará coa presenza do actor Carlos Blanco; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba; a escritora e filósofa Rebeca Baceiredo; Ana María Núñez Rubines, coordenadora do Grupo de Intervención Psicoloxía en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicoloxía de Galicia; Iago Lestegás Tizón, arquiteco e Doutor en Urbanismo; Isabel Prego, celadora no CHUAC; Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía e director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade da Coruña; Luís Rei, recepcionista de Mercadoría nun hipermercado da Coruña; Marta Rial Chorén, psicóloga e activista da Plataforma ‘Mina Touro-O Pino NON’; Mónica Fernández, auxiliar de enfermería no CHUS; Rita del Lago, cociñeira no Centro de Maiores de Celanova, Sagrario Fernández, Traballadora Social no HULA; Sofía Riveiro Olveira, educadora social; e Jessica Rei, da plataforma Salvemos a Comarca de Ordes, son as persoas que intervirán neste primeiro podcast.

Os programas estarán realizados, presentados e conducidos por Xosé Antón Bocixa Rei, baixo a coordinación de Verónica Álvarez e todo producido por Tingalaranga. Laura Romero foi a encargada do deseño gráfico desta radio na rede.

Logo da Tribo Radio
Logo da Tribo Radio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Estamos a vivir unha época moi difícil, a liberdade de prensa, de información e de expresión están seriamente deterioradas, e logo desta desfeita do estado de alarma 65 días sen piedade, estamos comprobando como os medios pechan directamente mediante Muros de Pago (El Pais, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, etc...) o acceso a unha información que nos corresponde a todos (enches os petos de subvencións públicas e pechan o acceso non só á información de parte senon e sobre todo á posibilidade de que os lectores expresen libremente as súas ideas) Estamos antes medios de PROPAGANDA ! http://www.galiciaconfidencial.com/... E non deberamos abrir novos medios que non permiten falar libremente (?)

1 Gamela

pensades que é de recibo utilizar a Chomsy como bandeirín de enganche baixo un muro de pago neoliberal ? estamos tolos ou simplemente cegos ? https://twitter.com/00Gamela/status... A perversión está no ADN deste Goberno Autoritario !

1 Gamela

Deséxolles o mellor nestes tempos de Silencios Obrigatorios !!!