Nace unha revista de sociolingüística para o ensino

A letra miúda está editada pola Coordinadora Galega de ENDL, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2012 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A letra miúda é o novo proxecto lingüístico da CGENDL. É unha nova revista dixital que tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para os docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

A publicación ten como obxectivo cubrir necesidades formativas do profesorado en xeral e especialmente daqueles que participan activamente na normalización do galego no ámbito educativo, contribuíndo a capacitalo para a toma de decisións metodolóxicas, pedagóxicas e didácticas de maneira crítica e reflexiva.

Experiencias educativas

Segundo explica esta entidade nun comunicado, a revista, á que se accede a través da páxina www.coordinadoraendl.org ofrece "artigos inéditos de cualificados especialistas" nos que se tratan temas moi variados que van desde fundamentos teóricos sobre ensino de linguas ata experiencias educativas desenvolvidas en situación de contacto entre linguas. Achéganse tamén descricións e análises de modelos lingüísticos educativos e información significativa sobre a situación sociolingüística de Galicia e doutros territorios con linguas minorizadas.

Ademais conta cun apartado de "Recomendacións" que se vai ir enchendo artigos xa publicados que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito mencionado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 anonimo

la coordinadora de equipas de lobotomización lingüísitica prepara un nuevo come tarros, puajjj a ver si la crisis se lleva por delante toda esta tropa.

1 C. L.

Meu papansiño, pero non ves que esta xente leva varios anos traballando sen un peso: que non, non é que teñan poucos cartos ou poucas axudas, é que fan actividades e campañas sen un can e nunca piden axudas. Que crise os vai levar por diante: a raíz do toxo verde é moi mala de arrincare!

2 leliaila

A anónimo parécelle comer o tarro ofrecer información e artigos de especialistas, maioritariamente do mundo universitario ou profesionais da educación. É unha revista especializada, non adoutrinamento wertiano. Vai dirixida a especialistas e sobre un tema moi específico, así que pode seguir durmindo tranquilo que non lle van quitar o monopolio da propaganda ao PP, nin é a súa intención. Van seguir traballando desinteresadamente por aquilo que aman e queren manter vivo: a lingua e a cultura deste país. Non vai con vostede, señor anónimo, siga vostede vendo eses programas tan abertos ao pensamento crítico como intereconomía, el gato al agua, etc.