'Films from Galicia', a marca que a Xunta vende no mercado cinematográfico de Cannes

Son, en concreto, 30 películas de ficción, 21 documentais, catro obras de animación e sete formatos televisivos firmaods polos principais cineastas do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2025 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou o 'Marché du Filme', o mercado audiovisual que se desenvolve en paralelo ao Festival de Cannes, no que a Xunta está presenta co seu propio expositor, identificado baixo a marca 'Films from Galicia'. Desde alí, explican nun comunicado, préstase apoio á promoción dos últimos títulos producidos ou dos traballos en curso das empresas galegas do sector.

Acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o titular de Cultura do Goberno ha participdo na "procura de alianzas estratéxicas desenvolvida pola ducia de empresas galegas acreditadas no que está considerado como o espazo de negocio cinematográfico máis importante do mundo", xa que a el acoden cada ano 15.000 profesionais e 4.000 proxectos.

Tal e como destacan, a través de 'Films from Galicia' promóvese "unha completa panorámica da actual produción galega de cinema e televisión", reunida nun catálogo dixital especialmente deseñado para distribuír nos principais mercados do circuíto internacional. A recompilación de 2025 presenta 62 novos títulos, dos que 15 foron estreados recentemente e os 47 restantes ultiman a súa chegada ás pantallas. Son, en concreto, 30 películas de ficción, 21 documentais, catro obras de animación e sete formatos televisivos firmaods polos principais cineastas do país.

ESTREA DE SIRAT

López Campos desprazouse a Cannes para acompañar ao realizador galego Oliver Laxe e ao equipo da súa película Sirat, que esta pasada noite, destacan, espertou "gran expectación" e provocou case 10 minutos de aplausos ao finalizar a estrea mundial que tivo lugar no Grand Théâtre Lumière dentro da selección oficial do certame.

Tanto Sirat como Romaría, o filme rodado en Galicia pola catalá Carla Simón, compiten pola Palma de Ouro nesta 78ª edición de Cannes, o que supón un "fito histórico" para o audiovisual galego.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, viaxa a Cannes para participar no impulso á industria cinematográfica galega
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, viaxa a Cannes para participar no impulso á industria cinematográfica galega | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta