O PP defende a súa transparencia sobre a situación nas residencias: "Fabiola García xa compareceu o 3 de abril"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusara a Xunta de evitar a comparecencia no Parlamento da conselleira de Política Social para "tentar ocultar" o que ocorre nos centros de maiores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A deputada do PPdeG Marta Rodríguez Arias lamenta a "falta de memoria" de Gonzalo Caballero, logo de que o socialista acusara a Xunta de "tentar ocultar" o que ocorre nas residencias sen a comparecencia da conselleira de Política Social, Fabiola García. O PPdeG escúsase ao dicir que García "xa compareceu" no Parlamento o pasado 3 de abril, hai máis dun mes.

A popular Marta Rodríguez Arias, en declaracións aos medios no Parlamento. PPDEG - Arquivo
A popular Marta Rodríguez Arias, en declaracións aos medios no Parlamento. PPDEG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Marta Rodríguez Arias sinalou ademais que a conselleira "será unha das grandes protagonistas" da sesión da Deputación Permanente do próximo mércores, "xa que responderá a catro das nove preguntas" ao Goberno galego que presentaron os grupos -tres delas da oposición-.

Ademais, a deputada do PPdeG asegura que García "foi a primeira" conselleira en comparecer, tras o propio Feijóo e o seu vicepresidente, Alfonso Rueda. "Foi unha demostración do compromiso do Goberno galego por manter aos grupos parlamentarios", engade.

"Pero é que, ademais, o presidente da Xunta dedicou unha parte destacada da súa comparecencia da semana pasada -o xoves- na Deputación Permanente a explicar as actuacións realizadas nas residencias de maiores e os resultados conseguidos, situando a Galicia como unha das comunidades con menor número de falecidos entre os doentes infectados", sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta