Por que o PP apoiou a aplicación do 155 durante sete meses e non quere apoiar tres meses o estado de alarma?

Feijóo di que non ten nada que ver o "pronunciamento dun presidente autonómico" a unha crise sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non quere que se prorrogue o estado de alarma. Non quería hai unha semana e segue sen querer facelo agora que Pedro Sánchez fala de ampliar o periodo un mes para finalizar todas as fases do desconfinamento. O seu argumento é que non hai argumento para ampliar este "estado excepcional".

22D en Barcelona: o día despois da decisiva xornada electoral Cataluña trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
22D en Barcelona: o día despois da decisiva xornada electoral Cataluña trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Autor: Miguel Núñez

Pero, por que o PP apoiou e respaldou a aplicación do 155 en Cataluña durante máis de sete meses e non quere aplicar o estado de alarma durante tres?. "Comparar un pronunciamento da Generalitat cunha pandemia sanitaria é unha compracion, cando menos heteroxenea", respondeu tras preguntarlle Galicia Confidencial cales son as razóns que motivan que apoiara un "feito excepcional" como a aplicación do artigo 155 da Constitución en Cataluña e non queira apoiar agora outro "feito excepcional" como é o Estado de Alarma.

Sobre a prórroga dun mes que o Executivo de Sánchez prevé levar esta semana ao Congreso, e que se atopará de entrada co 'non' do Partido Popular, o titular da Xunta reiterou a súa aposta por unha lexislación sanitaria específica que non "limite" dereitos aos cidadáns e que permita actuar "ante posibles rebrotes e complicacións" da pandemia.

ESTRATEXIA DE CASADO

Feijóo está agora plenamente aliñado coa estratexia do presidente do PP, Pablo Casado, que compartiu este domingo cos líderes autonómicos do partido o seu programa "Activemos España", que vén ser o seu 'plan B' fronte á decisión do Goberno de solicitar a prórroga do estado de alarma provocado pola crise do coronavirus.

Casado reuniuse este sábado por videoconferencia cos presidentes autonómicos do PP para darlles conta deste plan para unha desescalada xurídica, económica e sanitaria fronte á crise do Covid-19, e este domingo fixo o propio cos líderes rexionais do partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ciciais porque defende os Dez Mandamentos de un Demócrata ? https://twitter.com/00Gamela/status...