Veterinarios, o colectivo que se di "desprezado" pola Xunta

Decenas de veterinarios acusan á Xunta de desprezalos por non consolidar unhas prazas que gañaron por oposición.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Os veterinarios da Xunta que superaron as probas da OPE en 2018 acusan á Xunta de "desprezalos" durante anos e reclaman que o departamento de Función Pública axilice os nomeamentos para consolidar as súas prazas. Así apunta Ana, veterinaria da administración autonómica, que despois de varias queixas á Valedora do Pobo, escritos e chamadas dos aspirantes a Función Pública, a “día de hoxe o proceso segue inacabado e os aprobados aínda non foron nomeados na súa praza”.

Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella
Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella | Fonte: ozonoterapia

A maioría do persoal que superou a última OPE está traballando como persoal laboral “o que supón que todos os meses están perdendo ingresos xa que o seu soldo é inferior”.  Tamén destacan a imposibilidade de optar a outro posto diferentes ou traballar en provincias distintas ás de residencia.

Outra das consecuencias apuntadas polo colectivo veterinario da Xunta, é que e as listas de substitucións non poden actualizarse. Isto impide que varios profesionais que superaron as probas e que poderían realizar substitucións, están agora sen traballo.  Tamén acusan ao director de Función Pública da Xunta, José María Barreiro, de desprezo polos opositores, ademais da falta de interese en rematar o proceso.

José María Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública
José María Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hernando de Soto

Lo del señor Barreiro al frente de la función pública gallega es una gestión de tierra quemada, mentiras y desprecio a todos los que hemos tenido la desgracia de tratar con él parecida a la que vemos en nuestro presidente Pedro Sánchez. Creo que no hay un insulto mayor para una persona