Alerta dos alumnos da Escola de Idiomas: Educación podería deixalos sen as probas de setembro

Consideran que prescindir dos exames de recuperación supoñería un "agravio comparativo" fronte ás escolas oficiais de outros territorios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Representantes do alumnado das Escolas de Idiomas de varias cidades galegas ven "posible" que a Consellería de Educación pretenda recortar o número de exames contemplados para o curso 2019/2020.

Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo
Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

Segundo explican nun comunicado dirixido a medios, os alumnos das escolas oficiais teñen dereito a desenvolver unha proba ordinaria en xuño e outra extraordinaria en decembro. Nas últimas resolucións da Consellería, porén, o organismo dirixido por Carmen Pumar tan só refire "unha única proba" que, por razóns de seguridade sanitaria, debería celebrarse "non antes do mes de setembro".

O estudantes de A Coruña, Lugo, Ourense e Vilagarcía apuntan que "comparten" o condicionamento das probas ás circunstancias sanitarias pero instan á Consellería a valorar as solucións doutras comunidades que si contemplan a realización de dúas probas para evitar caer nun "agravio comparativo" que xogue en contra dos estudantes galegos.

ESTUDANTES "EN PRIMEIRA LIÑA"

Os representantes do alumnado das citadas cidades aproveitaron para chamar á "solidariedade" con aqueles estudantes non puideron seguir con regularidade as clases por estar combatendo a pandemia "en primeira liña". Neste aspecto, tamén manifestaron o seu "agradecemento" ós profesores que adaptaron a docencia a unhas circuntancias que impedían a presencialidade "á que está orientada" a EOI. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta