Ferido grave un motorista da Garda Civil tras colisionar cun turismo na comarca do Xallas

No momento do sinistro dirixíase a atender un accidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Un axente da Garda Civil resultou ferido grave tras colisionar a motocicleta na que viaxaba cun turismo. O sinistro tivo lugar pasadas as 9 da mañá deste xoves 19 an estrada AC-441 á altura da poboación de Mazaricos, na comarca do Xallas.

Accidente dun Garda Civil en Mazaricos
Accidente dun Garda Civil en Mazaricos | Fonte: remitida

Segundo informaron fontes do departamento de Tráfico de Corcubión, o axente dirixíase a atrender un sinistro cercano cando o turismo, sen preferencia, se incorporou pola marxe dereita da estrada. O axente levaba accesas luces e sirenas de emerxencia no momento da colisión.

O axente foi trasladado ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela en estado grave pero fóra de perigo. Segundo apuntaron as mesmas fontes, as primeiras observacións apuntan a posibles fracturas en perna e brazo esquerdo. O conductor do turismo deu negativo nos controis de drogas e alcoholemia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta