A conservación da cultura e do patrimonio, os temas con menos presenza nos medios en 2019

A iniciativa do Proxecto CERNA de ADEGA, CERNA-Barómetro, analiza o tratamento de determinados temas nos medios de comunicación no 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Os temas relacionados coa conservación da nosa cultura e patrimonio foron os menos frecuentes nos medios de comunicación ao longo do 2019. Así, a súa presenza é do 4,96%, segundo o estudo CERNA-Barómetro, realizado por ADEGA.

'Residuos e contaminación' é o tema con máis rexistros nos xornais galegos no ano 2019.
'Residuos e contaminación' é o tema con máis rexistros nos xornais galegos no ano 2019. | Fonte: ADEGA

Por outra banda, o informe recolle que a problemática coa mina de Touro e os vertedoiros de refugallos, así como a celebración da Cumio do Clima en Madrid colocaron a categoría de "residuos e contaminación" como a que ten máis rexistros (16,16% do total nos medios con presenza en Galicia) e a categoría de "enerxía e clima" como a segunda máis rexistrada cun 15,97%.

Nun terceiro lugar están os temas de "biodiversidade e conservación" cun 13,21%, polos conflictos da caza, as especies invasoras (avespa velutina) e a xestión dos espacios naturais (polémica co exceso de visitantes ás Illas Atlánticas). Os lumes (categoría "montes e forestal") rexistra tamén un porcentaxe alto (11,53%), particularmente nos meses de marzo a setembro. 

Unha análise lonxitudinal permite concluír con que as categorías de "residuos e contaminación", "enerxía e clima" e "biodiversidade e conservación" son as máis frecuentes nun maior número de meses. 

TRATAMENTO DAS CUESTIÓNS AMBIENTAIS NOS MEDIOS

Os intereses mediáticos seguen centrados arredor das temáticas que xeran unha ampla controversia e que ameazan directamente á nosa calidade de vida: a contaminación ambiental e a mudanza climática fundamentalmente, e en menor medida, as problemáticas da conservación das especies. Este maior interese céntrase máis en cuestións puntuais que de fondo

O informe tamén destaca a relativa baixa cobertura das noticias relacionadas coa auga e os ríos, o litoral e o patrimonio cultural e arqueolóxico, malia a sermos un "país" cunha ampla rede fluvial, extensa costa e rico acervo histórico e arqueolóxico.  

CERNA-Barómetro é unha iniciativa do Proxecto CERNA, impulsado por ADEGA, que avaliou a comunicación dos temas ambientais nos medios durante o 2019. Analiza, tanto cuantitativa como cualitativamente, o tratamento de determinados tópicos relacionados co medio ambiente nos medios de comunicación con presenza en Galicia. Deste xeito, pódese saber cales son as inquedanzas ambientais da sociedade a través dos medios. O Cerna-Barómetro conta co apoio da Área de Cultura da Deputación provincial da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta