O director da CRTVG carga contra os traballadores

O Bloque lémbralle a Sánchez que os telexornais tratan dun xeito moi secundario o conflicto das participacións preferentes. Os traballadores denunciaron a suposta manipulación informativa a prol do PPdeG.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/03/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A deputada do BNG, Montse Prado denunciou este xoves, na Comisión de control da Compañía de RTVG, a”manipulación” informativa da TVG na cobertura da manifestación multitudinaria de afectados e afectadas polas participacións preferentes do pasado 2 de febreiro en Compostela. 

Alfonso Sánchez Izquierdo
Alfonso Sánchez Izquierdo | Fonte: vieiros

A nacionalista argumentou as súas acusacións apoíandose nun comunicado do Comité de Empresa. Os traballadores denunciaron presións para non tratar os casos de corrupción que salpican ao PP galego, como os papeis de Bárcenas e a Operación Pokemon.

O director xeral do ente negou as acusacións e negouse a abrir unha investigación.  Alfonso Sánchez Izquierdo acusaou ademais aos representantes sindicais de criticar a política informativa da CRTVG por outros intereses. En concreto, o ex-director de La Región lembrou que está aberta a negociación do convenio colectivo.

"Sobre unha suposta manipulación informativa, presión sobre os xornalistas e interferencias gobernamentais, teño que dicirlle que non responden á realidade", dixo o máximo responsábel da televisión pública galega. Izquierdo desmetiu a existencia de "ordes" por parte da súa dirección á televisión pública galega. En particular, o mandatario negou que os telexornais coloquen en posición secundaria as noticias sobre as preferentes, que segundo o BNG afectan a máis de 70.000 galegos.

O certo é que os principais cargos do servizo informativos están ocupados por profesionais que os seus compañeiros consideran próximos ao PPdeG. Algo similar, pero no sentido ideolóxico contrario, sucedía cando gobernaba o bipartito (PSdeG máis BNG).

Izquierdo si apoiou outras demandas dos asalariados. Por exemplo, mostrouse a prol do establecemento de órganos que garantan a independencia informativa. Tamén apousto porque unha maioría reforzada do Parlamento elixa o cargo que agora ocupa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Machiña

Ten razón Sanchez ISdo. probablemente non sexa necesario que l dea instrucción ningunha para amanipulación informativa. O importante é poñer á xente axeitada nos postos intermedios de mando, que eles xa sabe o que hai que facer.

1 San Marcos

Hai que pechar TVG. Xa. Da igual quen goberne, é o organo de poder da Xunta. Traballadores privilexiados,cunha media salarial que ronda os 50.000 euros, e sen dar golpe. Liberados sindicais corruptos con pluses por non facer nada. Unha vergoña que pagamos tódolos galegos.

1 Un pouco de sentidiño

A TVG é un medio para difundir, defender e transmitir a nosa lingua. Tamén é un medio para enterarnos do que pasa no noso pais, non só o que sucede en Madrid. A TVG é necesaria para nós, galegos e galegas. Se non funciona axeitadamente hai que poñer os medios para garantir a súa independencia e transparencia. Pechala non é a solución. Criticar aos traballadores polas súas condicións laborais non me parece xusto e arremeter contra os dereitos dos representantes sindicais tampouco. Percibo odio, veleno e resentimento nas túas verbas...

2 OMAIO

LA VOZ non esta en san marcos ,que eu saiba(7,3 millóns de frijol aos amijos) aiiiii,que triste,que triste eu estou. -i o sapo que oia repuxo:-cro,cro

3 Un pouco de sentidiño

Poi si, LA VOZ sáenos bastante máis cara que a TVG. Mentres a CRTVG cóstanos a cada galeg@ 34 euros por ter uns medios públicos, LA VOZ leva recibido con Feijo en axudas públicas 7,3 millóns de euros concedidos a dedo e destinados a destruir a nosa lingua e cultura. Iso si, San Marcos debe estar satisfeito pois dende 2008 levan 122 despedimentos