Un pesqueiro rescata a un pai e unha filla que eran arrastrados polo mar na Pobra do Caramiñal

Os dous ían nunha táboa que o vento arrastraba contra as bateas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un pai e unha filla que nadaban cunha táboa foron rescatados cando o mar os arrastraba nun areal da Pobra do Caramiñal (A Coruña), no lugar de Cabío, entre Punta Cabío e a praia e A Illa.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre pasadas as 19,00 horas do martes, cando un particular avisou aos servizos de emerxencias que un home e unha nena ían nunha táboa e que o vento os levaba cara ás bateas.

Ante iso, os xestores do 112 avisaron a Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, informaron á Garda Civil e á Policía Local, así como aos socorristas, que comunicaron que un barco de pesca estaba a achegarse a eles. Finalmente, foron recollidos polo pesqueiro, sans e salvos, e levados ata a beira do areal.

Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal
Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal | Fonte: turismo.gal

OUTRO RESCATE

Por outra banda, un mozo foi rescatado por uns mariñeiros da zona nunha praia de difícil acceso situado na praia do Con, no municipio pontevedrés de Moaña.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 22,00 horas o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 solicitou axuda ao 112 para evacuar a un paciente que se atopaba nunha cala pequena.

Ademais, o persoal do 061 indicou que o acceso por terra era moi complexo, polo que posiblemente sería necesario facer o rescate por mar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta