Por Europa Press / Redacción | Compostela | 30/07/2020 | Actualizada ás 14:52
O persoal técnico do servizo de prevención de incendios forestais da Consellería de Medio Rural comezará este sábado, 1 de agosto, unha folga indefinida ante a falta de avances coa Xunta para conseguir un novo acordo que mellore as súas condicións de traballo.
A esta convocatoria de folga --de CIG, CC.OO., CSIF e UXT-- están chamados máis dun centenar de técnicos forestais. Aínda que os servizos mínimos en plena campaña de alto risco de incendios será do 100% para a coordinación, a súa protesta farase ver na súa función de "xestión" administrativa.
Este xoves, protagonizaron unha nova protesta ante a sede da Xunta en Santiago. Alí, Xabier Bruña (CIG), que tomou a palabra en representación dos seus compañeiros, denunciou que Medio Rural os "empuxa" a levar a cabo esta folga por "falta de interese, diálogo e negociación" tras "25 meses reclamando un novo acordo".
O labor dos técnicos forestais é o de coordinar e dirixir a extinción de incendios --Galicia padece o 40% do Estado--, así como revisar as curtas de madeiras e xestionan de forma directa o 15% do territorio galego.
Tras agradecer o traballo que realizan compañeiros no incendio de máis de 1.000 hectáreas de Cualedro e Monterrei, este sindicalista da CIG remarca que as súas reclamacións non pasan por un incremento do soldo, senón por "unha nova organización acorde co século XXI".
Piden "unha forma diferente de traballar", cunha coordinación "máis eficiente" para que o servizo público. "O señor Feijóo fala de: 'Galicia, Galicia, Galicia'; nós replicamos e dicimos: 'Monte, monte, monte", apunta. "Fronte ao lume, sivilcultura e cultura, necesitamos un novo acordo xa", agrega Bruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.