Estabilizado o incendio de Viana do Bolo logo de queimar unhas 40 hectáreas

O lume levaba activo dende a noite do luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Rubiais do municipio ourensán de Viana do Bolo e que afecta a unhas 40 hectáreas foi estabilizado ás 10,03 horas deste martes.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, as chamas iniciáronse sobre as 22,43 horas da noite do luns. Na súa extinción, participan catro axentes, 11 brigadas, seis motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e tamén gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta