Atopan a un home falecido no río en Vedra

O home estaba desaparecido desde a mañá deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Un home que se ausentou da súa vivenda o pasado martes foi atopado este mércores sen vida no río no municipio de Vedra. Segundo informa o 112 Galicia, os servizos de emerxencia recuperaron esta mañá o corpo do río Pereiro, en Vedra. Un familiar comunicou a súa desaparición esta mañá de mércores.

Unha vez localizado o corpo da persoa polos axentes de seguridade, por parte de 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Autonómica e do 061.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Ordes e dos membros do GES da Estrada, aínda que, finalmente, a persoa foi recuperada da auga nunha padiola cun vehículo anfibio do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega.

Río
Río | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta