Temas: ACCIDENTE LAXE 112

Un home ferido grave logo de caerlle unha rama mentres traballaba en Laxe

Un particular avisou do sucedido sobre as 17,15 horas. O 112 mobilizou a 061, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia



Un home resultou ferido de consideración esta tarde de luns ao caerlle unha rama na cabeza mentres traballaba nun monte próximo ao lugar da torre, na parroquia de Sarces, no municipio de Laxe.

Segundo informa o 112 Galicia, o home foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tras este accidente.

Un particular avisou do sucedido sobre as 17,15 horas. O 112 mobilizou a 061, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, entre outros.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Temas: ACCIDENTE LAXE 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta