A AP-9 e a A-8, dúas das vías galegas polas que se espera máis tráfico durante a 'Operación Retorno'

Estes desprazamentos terán lugar de forma "graduada" entre o venres 28 e o luns 31 de agosto, especialmente o domingo 30 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A AP-9, a A-6, a A-8, a A-52, a A-55 e a N-550 son as vías que discorren por Galicia nas que, segundo prevé a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), haberá máis intensidade de tráfico durante a 'Operación Retorno do Verán', que terá lugar entre as 15,00 horas do venres 28 de agosto e as 24,00 horas do luns 31.

Neste período, a DXT contempla que se producirá un importante movemento de vehículos por toda a rede viaria española motivado polo retorno dos que finalizaron as súas vacacións de agosto e a saída e os que comezan as súas vacacións en setembro.

Neste período produciranse desprazamentos de retorno desde as zonas turísticas de costa, montaña e descanso cara aos grandes núcleos urbanos.

Estes desprazamentos terán lugar de forma "graduada" entre o venres 28 e o luns 31 de agosto, especialmente o domingo 30 de agosto.

Tamén se orixinarán movementos de saída durante este fin de semana polo comezo do mes vacacional de setembro cara ás zonas turísticas de costa, montaña e descanso. A estes movementos de retorno e saída, por finalización e comezo de vacacións, uniranse os habituais de fin de semana estival.

Por iso, a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha serie de medidas de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico. No caso da Comunidade, no apartado de equipos dos centros de xestión ligados a esta operación figuran activas 245 cámaras de televisión, 306 estacións de toma de datos, 84 sensores de variables atmosféricas na estrada e 413 paneis de mensaxe variable, ademais de 50 efectivos no apartado de persoal.

Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO
Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta