Extinguido o incendio forestal de Manzaneda tras queimar 25 hectáreas

O martes houbo cinco focos diferentes neste concello.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Manzaneda e que, segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 25 hectáreas de monte raso.

En concreto, o lume iniciouse o martes ás 22,13 horas na parroquia de Reigada e quedou extinguido ás 13,18 horas deste xoves. Nos labores de extinción participaron un técnico, seis axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, unha pa e un helicóptero.

Medio Rural lembrou que, no mesmo municipio de Manzaneda rexistráronse na noite do martes outro satro lumes. Un deles orixinouse tamén na parroquia de Reigada, dúas en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado, todos eles extinguidos e con superficies inferiores ás 20 hectáreas.

Traballando na extinción do incendio en Lobios
Traballando na extinción do incendio en Lobios | Fonte: UME.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta