O Gaiás e o mito da escaleira

Por Eduardo A. Navarro | Compostela | 03/04/2013

Comparte esta noticia
Foi un grande erro comezar este desmesurado e caro complexo. Foi un erro deixar que devorase uns presupostos necesarios para que a cultura se mantivese viva. Foi un erro deixar que o seu custo se disparase sen control. Foi un erro empezar como pobo aquilo que non podiamos rematar senón como tribos.
 
Foi un erro desprezar esta prestixiosa obra. Foi un erro non diferenciar a súa inconveniencia da súa indubidable calidade. Foi un erro botar a súa arquitectura aos pés de a política, os faladoiros e os localismos. Foi un erro arrastrala polos medios a mercede da manipulación dos creadores de opinión. Foi un erro mirala só coa lupa do estrita e inmediatamente útil e non con perspectiva de futuro. Foi un erro cegar á xente ata non ver a súa beleza. Foi un erro capar a ilusión. Foi un erro pensar "ao grande". Foi un erro crer que hoxe Galicia podía construír outra Catedral, pero...
 
É maior erro aínda deixalo todo así, unha obra abandonada, inacabada como esas casas
de ladrillo e bloque. É maior erro aínda non soñar con que podemos aspirar a máis. É
maior aínda erro converter a Galicia no paradigma da crise.
 
Hoxe, máis que nunca, somos unha "ración". Un bufón que se gasta unha millonada e non
remata nin rendibiliza esta grande obra. Unhas bandas localistas sen conciencia de pobo, incapaces de discernir entre as posibilidades do proxecto e a mala xestión que o viu
medrar.
 
Mañá, as dúas fochancas do Gaiás disputarán o protagonismo e a representatividade ao Museo de Galicia. Triste metáfora dunha terra capaz de dar o mellor e o peor sen pestanexar, de subir e baixar á vez, de botar entullos ao pé dos cruceiros, de votar e de linchar sen solución de continuidade. Será cousa do radon...
 
Ou non?

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Eduardo A. Navarro
Eduardo A. Navarro Iglesias Coruñés, é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca. Tamén é técnico superior en Artes Aplicadas a Escultura pola escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso d'A Coruña.