Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2020 | Actualizada ás 11:04
Seis persoas sufriron feridas polas que precisaron atención sanitaria tras verse involucradas en dous accidentes de circulación rexistrados na noite do sábado nas localidades de Muros e Redondela.
O primeiro dos sinistros tivo lugar ás 22,30 horas do sábado na rúa Virxe do Camiño de Muros, onde un condutor perdeu o control do seu vehículo, que se saíu da vía e terminou envorcado sobre un lateral.
Deste xeito, o ocupante do coche quedou atrapado no interior, polo que os servizos de emerxencia desprazados ao lugar tiveron que excarceralo. Unha vez fose do turismo, o ferido foi trasladado en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Media hora máis tarde, ao fío das 23,00 horas do sábado en Redondela outro accidente de circulación deixou cinco feridos, dous deles menores de idade.
O sinistro produciuse na estrada que sobe á estación de tren da localidade, onde dous turismos chocaron frontalmente á altura do punto quilométrico 141.
Os adultos feridos foron atendidos por unha dotacón de Urxencias Sanitarias 061, mintas que os menores, recollidos por un coche particular, foron levados ao centro de saúde da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.