A Xunta subvenciona aos medios para falar ben da súa xestión e discute investimentos en educación e sanidade

Utiliza a Turismo de Galicia para repatrir máis de 600.000 euros entre prensa, radio, televisión e medios dixitais. Algúns deles moi vinculados ao Partido Popular e con escasa presenza en Galicia. La Voz de Galicia, Cadena Cope, Cadena Ser, Onda Cero, ABC ou Libertad Digital entre os subvencionados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia decidiu utilizar un á Axencia Turismo de Galicia –un dos organismos que máis orzamentos manexa do Goberno galego para tarefas de promoción e que está encargada de difundir accións turísticas-- para financiar aos medios de comunicación co obxectivo de que informen sobre as medidas que o Goberno galego está implementando nesta fase da desescalada. Unha decisión que contrasta coas evasivas do Goberno galego para investir en sanidade e educación tal e como lle piden numerosas entidas e asociacións.

Deste xeito, Turismo de Galicia destina 616.000 euros a pagar accións publicitarias que nada teñen que ver co turismo, senón coa Covid. Entre os medios subvencionados están xornais moi próximos ao Partido Popular sen vinculación con Galicia, como é o dixital Libertad Digital. Curiosamente, ningún medio en galego privado aparece na relación de Turismo de Galicia.

Como noutras ocasións, o grupo que máis recibe é outro moi vinculado ao Partido Popular, o Grupo La Voz de Galicia, que leva 293.000 euros ( La Voz de Galicia, 144.000 e Corporación Voz de Galicia, 149.000 euros). Os cartos, segundo o convenio aprobado, son para a “difusión informativa das medidas e protocolos de actuación que deberá adoptar a poboación nas fases de desescalada consecuencia do COVID-19”.

Tamén reciben o resto de grupos tradicionais galegos. Así, o Grupo Prensa Iberica leva 192.533 euros (Faro de Vigo, 150.000 e La Opinión de A Coruña, 42.533), Grupo La Región, 91.965  (La Región, 77.895 e Rías Baixas de Comunicación, editora de Atlántico Diario, 14.070 euros), o Grupo El Progreso,  114.681 (El Progreso de Lugo, 76.954 e Lérez Ediciones, S.L., que edita Diario de Pontevedra, 37.727), Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego, medio con numerosas vendas e inmersa nun proceso de venda, leva 46.656 e Editorial La Capital (editora de Ideal Gallego e Diario de Ferrol) leva 33.339 euros. A corporación pública Radio Televisión de Galicia leva 90.258 euros.

A Xunta tamén financia a grandes medios e emisoras estatais, especialmente, as dependentes do Grupo Prisa. Así, Prisa Brand Solutions, SL, a marca do grupo Prisa que controla entre outros medios El Pais ou Cadena Ser, e que comercializa a publicidade, leva 44.000 euros, e a Sociedad Española de Radiofusión (SER) e as súas emisoras asociadas en Galicia levan 82 .000 euros ( Radio Vigo, Radio Coruña,  Radio Ourense, Radio Lugo, Radio Carballiño e Radio Pontevedra). Tamén Radio Popular, propietaria de Cadena Cope, 57.000 euros e Onda Cero, 28.000. Pola súa banda, o diario ABC recibe 60.000 euros e Unidad Editorial, editora de El Mundo, 44.000 euros.

Chama a atención a aparición na lista dun único médio nativo dixital, Libertad Digital, sen delegación en Galicia, pero moi vinculado ao PP, como o ABC, que si ten equipo de redación en Galicia. Recibe 10.000 euros. Curiosamente, ningún medio privado en galego, moitos deles con máis lectores e visitas que outros medios subvencionados, recibe un céntimo destas subvencións, como ven sendo habitual por parte desta Xunta de Feijóo que exclúe sistemáticamente aos medios en galego.

Medios galegos que reciben publicidade da Xunta
Medios galegos que reciben publicidade da Xunta | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Geronimus

Así compra el Gobierno de Pedro Sánchez a la prensa (bueno, a los editores) Mientras, el Ejecutivo se pasa todo el fin de semana insistiendo en el mismo mensaje: el PP está matando gente por no apoyar el estado de alarma. https://www.hispanidad.com/confiden...

1 Sentidiño

A mensaxe do goberno é demasiado prudente. A realidade é que "o PP está a matar xente pobre en Madrid por non apoiar a extensión da fase 1 a toda a comunidade autónoma". Ninguén falou da implantación do estado de alarma.

3 GZ_3

Non creo que ninguén se sorprenda con esta noticia. Que a Xunta ten da súa parte, grazas a este tipo de actuacións, á práctica totalidade da prensa do país é un feito por todos coñecido. É o xeito de actuar do PP, unha auténtica mafia, até que non rematen con Galicia non van parar.

2 Pasmao

Vaya, que raro, un gobierno autonómico subvencionando a los medios de comunicación. Pedro Sánchez no hace nada de eso, ni ocurre en el Oasis catalán, ni lo hacía el siniestro bipartito con medios que nadie leía y que cerraron en cuanto los gallegos defenestramos a Quin y su banda.

1 Gamela

Que teñamos medios “alternativos” que impiden a voz dos lectores na maior cidade de Galicia, non nos fai avanzar na boa dirección. É posible que teñamos diante un muro pero tódolos muros rematan caendo...! A liberdade de información e de expresión é o cerne dunha democracia adulta... Unha prensa libre é un gran faro que alumea aos mareantes na súa longa noite de pedra ! http://www.galiciaconfidencial.com/... RESISTENCIA !!!