Pontón carga contra o Foro de la Toja por ser "carca" e "unha falta de respecto ós galegos"

Critica a Feijóo e Sánchez por "avalar" un foto que "deturpa a toponimia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou este venres o 'Foro la Toja', que se celebra na illa grovense estes días, coa participación de expresidentes de Goberno, representantes do mundo da empresa ou das finanzas, entre outros, como "algo bastante carca e anacrónico", que "deturpa a toponimia" e que non conta con mulleres entre os seus relatores.

Así o manifestou Pontón, en resposta a preguntas dos medios durante un almorzo informativo celebrado en Vigo. A líder nacionalista sinalou que "chama a atención" que tanto o presidente Feijóo como Sánchez "avalen un foro que incumpre no seu nome o que está establecido nunha lei e que é unha falta de respecto á identidade galega".

"A Toja non existe desde hai moitos anos e esas concepcións, esa maneira de deturpar a toponimia é unha falta de respecto aos galegos, e gustaríame que o presidente da Xunta e o presidente do Estado non formasen parte dese agravio", engadiu.

Por outra banda, tamén sinalou que "chama poderosamente a atención que se poida organizar un foro onde non hai ningunha muller". "Non creo que o futuro e as reflexións que se poidan facer sobre como orientar o país vaian saír dese foro, con todos os meus respectos", recalcou e apostilou: "Gustaríame que se respecte aos galegos e a lei nun foro desas características, e que non se discrimine ás mulleres".

FEIJÓO "Ao SERVIZO DO TÁNDEM AYUSO-CASADO"

Ana Pontón tamén se referiu, a preguntas dos xornalistas, ao conflito entre o Goberno e a Comunidade de Madrid a conta da xestión da pandemia de coronavirus, e proclamou que o que sucede na comunidade madrileña é "a expresión máxima da irresponsabilidade coa que o PP afronta unha crise sanitaria".

Así, lamentou que o goberno madrileño "pon por diante unha décima do PIB, por encima das persoas", e constatou que "detrás disto hai unha confrontación estéril entre PP e PSOE". "Sorprende qe Feijóo únase a esta estratexia disparatada e póñase ao servizo do tándem Ayuso-Casado", aseverou, á vez que cualificou ao presidente galego como "espadachín" da súa homóloga madrileña e do responsable do PP nacional.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coas deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e o edil Xabier P. Igrexas, nun almorzo informativo en Vigo.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coas deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e o edil Xabier P. Igrexas, nun almorzo informativo en Vigo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 paletismo ilustrado¡¡¡¡

O panfleto da voz coido que titula "as mellores mentes reflexionan sobre a covid".... semellante paletada é digna dunha sociedade mediocre na súa maior parte, tanto a galega como a española. Eles siguen ao seu, mentras nos sigamos ao noso¡¡¡

1 Gamela

A ilustración nunca é unha paletada...! Ilustración é a condición para sair da "minoría de idade" (Kant) se pensar por un mesmo che parece mala cousa, seguide repetindo as consignas que emanan da sempiterna UPG e verás os resultados... (levamos 50 anos!)