Por GC Tendencias | Santiago | 19/04/2013 | Actualizada ás 10:13
A primeria cita será mañá sábado con Ocean Colour Scene ás 20.00h na Sala Capitol. virán de xira a presentarnos o seu novo disco, 'Painting' que sae á venta o 11 de febreiro. Trátase do primeiro traballo que os de Birmingham van publicar desde “Saturday”, obra elástica e amiga de escoitas repetidas coa que fai un par de anos culminaron brillantemente unha década que os mantivo moi ocupados (desde 2001 e até 2010 sacaron cinco discos de de estudo e tres directos), embarcados nesa misión na que levan desde finais dos 80.
O prezo das entradas é de 20 € máis gastos de distribución e pódense mercar en Teatro Principal (18-21h., de martes a sábado), Ticketea, Ticketmaster, A Reixa Tenda. salacapitol.com.
Xoves 25 de abríl a cita será con Triángulo de Amor Bizarro que presenta "Vitoria Mística", segundo Notodo "Autenticamente catártico", un dos álbums máis esperados dos últimos anos no panorama independente nacional. Vannos acompañar ademais para redondear a noite, tres propostas, Fasenuova, Srasrsra e Jay que prometen ser avanzada, protagonistas e a continuidade dunha nova xeración de artistas que, aos poucos, van ocupando o seu lugar no panorama independente nacional.
O prezo das entradas é de 12 euros máis gastos distribución (anticipada) / 15 euros (billeteira). Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Ticketea, A Reixa Tenda, salacapitol.com
Los Coronas estarán venres 26 de abril con “Adiós Sancho”, o seu álbum máis aberto, superando fronteiras e etiquetas. É o novo do grupo instrumental español por excelencia e segundo a banda “O máis afastado das etiquetas”. “Adiós Sancho” está gravado ao vello estilo, en cinta de dúas polgadas, co grupo tocando xunto na mesma sala, buscando a maxia da primeira toma e logrando un son único e moi orgánico, rexeitando o uso de Protools e o famoso “curta e pega”.
O Prezo das entradas é de 12 euros máis gastos distribución (anticipada) / 15 euros (billeteira) Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Ticketea, A Reixa Tenda, salacapitol.com
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.